Literatura en aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Idade Media ==
O primeiro testemuño escrito en aragonés foron as ''[[Glosas Emilianenses]]'' (século XI), tradicionalmente consideradas o primeiro escrito do castelán mais que lingüístas actuais de recoñecido prestixio internacional adscriben sen dúbida ningunha ao aragonés ou ben a unha variedade rioxana do complexo lingüístico navarro-aragonés. Dende o século XI case todos os documentos, escritos en latín, presentan trazos aragoneses pero non foi ata o século XIII cando se xeneralizou o emprego do aragonés, por veces mesturado co castelán como é o caso de ''Razón feita d'amor'' (ca. [[1205]]), ''Lo Libre dels Tres Reys d'Orient'' ou a ''Vida de Santa María Egipcíaca''. Existiu unha prosa épica aragonesa, da cal só se conserva o ''Cantar da campá de Huesca'' incluída na ''Crónica de San Juan de la Peña''. O aragonés mantívose máis puro na prosa, destaca o ''Liber Regum'' (1194-1209), considerado o primeiro texto histórico escrito nunha lingua romance peninsular
[[Category:Literatura]]