NSSDC ID: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*Cuatrimestre > cuadrimestre.
Liña 2:
O '''NSSDC ID''', tamén chamado '''International Designator''' (''designador internacional'') e designación '''COSPAR''', é unha convención internacional para nomear [[Satélite artificial|satélites]]. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.
 
Por exemplo, [http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1957-001A 1957-001A] é o vehículo de lanzamento do [[Sputnik 1]] e [http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1957-001B 1957-001B] representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento de aquel ano. Outro exemplo é [http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1990-037B 1990-037B], o [[telescopio espacial Hubble]], que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. [http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1990-037A 1990-037A] era o [[transbordador espacial Discovery]] durante a misión [[STS-31]], que levou ó telescopio cara oao espacioespazo.
 
Os lanzamentos fallidos non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como [http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=VAGSL1 VAGSL1] para o satélite Vanguard SLV 1.
 
O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo ''Committee on Space Research'' (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concebidoconcibido na [[Universidade Harvard]] en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957α. En 1963 o sistema cambiouse para usar números, pero a súa aplicación retroactiva para faliciar o uso de referencias computerizadas non foi inmediato. Por exemplo, a publicación cuatrimestralcuadrimestral ''TRW Space Log'' de 1969 contiña satélites en órbita de antes de 1963 listados con letras gregas e os posteriores por números.
 
O catálogo é administrado en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] polo [[National Space Science Data Center]], parte da [[NASA]].