Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
'''Luís XIV de Borbón''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Louis XIV''), nado en [[Saint-Germain-en-Laye]] o [[5 de setembro]] de [[1638]] e finado en [[Versalles]] o [[1 de setembro]] de [[1715]], foi [[rei de Francia]] e de [[Reino de Navarra|Navarra]] dende o [[14 de maio]] de [[1643]] até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
 
Coñecido como '''Oo Rei Sol''' (''Lele Roi Soleil'') ou '''Luís o Grande''' (''Louis le Grand''), foi o primoxénito e sucesor de [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] e de [[Ana de Austria (1601-1666)|Ana de Austria]] (filla do Reirei [[Filipe III de España]]). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en [[Europa]], combatendo en tres grandes guerras: a [[Guerra Franco-Holandesa|Guerraguerra de Holanda]], a [[Guerraguerra dos Nove Anos]] e a [[Guerra de Sucesión Española|guerra de Sucesión española]].
 
Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma [[Molière]], [[Jean Racine|Racine]], [[Nicolas Boileau-Despréaux|Boileau]], [[Jean de La Fontaine|La Fontaine]], [[Jean-Baptiste Lully|Lully]], [[Hyacinthe Rigaud|Rigaud]], [[Charles Le Brun|Le Brun]] e [[André Le Nôtre|Le Nôtre]]. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia [[Francia|francesa]], conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da [[monarquía absoluta]] na Europa. A frase "''L'État, c'est moi''" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do [[Absolutismo|absolutismo político]] que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "''Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours.''" ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").
Luís XIII non se fiaba da habilidade da súa esposa para gobernar Francia trala súa morte, polo que decretou que un consello rexente gobernase no nome do seu fillo durante a súa minoría de idade, para reducir así o poder da Raíña Nai durante a rexencia. De feito, trala morte de Luís XIII e o ascenso ao trono, con cinco anos, de Luís XIV o [[14 de maio]] de [[1643]], Ana anulou o testamento de Luís XIII no Parlamento, rompeu co consello e quedou como única [[rexente]]. Durante a súa rexencia, confiou o poder ao seu primeiro ministro, o [[italia]]no [[Cardeal Mazarino]], ao que a maioría dos círculos políticos franceses desprezaban pola súa orixe non francesa.
 
Ao finalizar a [[Guerraguerra dos Trinta Anos]], no ano [[1648]], comezou unha guerra civil francesa coñecida como a [[Fronda]]. Mazarino continuou coas políticas de centralización emprendidas polo seu predecesor, [[Cardeal Richelieu|Richelieu]], aumentando así o poder real a expensas da nobreza. En [[1648]], intentou impoñer un imposto aos membros do [[Parlamento]], o cal estaba constituído, principalmente, por membros da nobreza e altos cargos eclesiásticos. Os membros do Parlamento non só rexeitaron o imposto, senón que tamén ordenaron a queima de tódolos editos financeiros de Mazarino. Nunha ocasión na que o cardeal ordenou arrestar a algúns dos membros do Parlamento, [[París]] estalou en insurrección. Un grupo de parisinos molestos irrompeu no palacio real demandando ver ao rei. Tras seren conducidos á alcoba real, ficaron mirando a Luís XIV, o cal se facia o durmido, e marcharon tranquilamente. Debido ao perigo que corría a familia real e a monarquía, Ana fuxiu de París co rei e os seus cortesáns. Pouco tempo despois, a sinatura da [[Paz de Westfalia]] permitiu ao exército francés volver a axudar a Luís XIV e á súa corte real. Xa en xaneiro de [[1649]] comezou o asedio da rebelde París. A subsecuente [[Paz de Rueil]] rematou co conflito, cando menos temporalmente.
 
A segunda Fronda comezou ao rematar a primeira Fronda (''Fronde Parlementaire''), en 1650. Nobres de todo rango, dende princesas de Sangue Real e curmáns do rei, como [[Gastón de Orleáns|Gastón, duque de Orleáns]], a súa filla, [[Ana María Luísa de Orleáns de Montpensier|Ana María Luísa de Orleáns e Montpensier]], [[Luís II de Condé|Luís II de Borbón-Condé]] e [[Armando de Borbón-Conti]], a nobres de longa liñaxe como [[François de La Rochefoucauld|François VI, Duque da Rochefoucauld]], [[Frédéric Maurice de La Tour d'Auvergne]], o seu irmán, [[Henrique de la Tour de Auvergne-Bouillon (Turenne)|Turenne]] e [[Marie de Rohan-Montbazon]], incluso nobres de descendencia real lexítima como [[Henrique II de Orleáns]] e [[Francisco de Vendôme]], participaron na rebelión contra o poder real. Incluso o clero tiña representación na rebelión na persoa de [[Jean-François Paul de Gondi]]. Como resultado a estes días tumultuosos, nos que se di que a Raíña Nai tivo que vender as súas xoias para alimentar aos seus fillos, Luís XIV desenvolveu unha gran desconfianza da nobreza.
 
== Guerra nos Países Baixos ==
Trala morte de Filipe IV de España, tío e sogro de Luís XIV, en [[1665]], o seu fillo (da súa segunda esposa) ascendeu ao trono como [[Carlos II de España]]. Luís XIV reclamou o territorio de [[Ducado de Brabante|Brabante]], nos [[Países Baixos]], gobernados até entón polo rei de España, que debían ser "devoltos" á súa esposa, María Tareixa, medio irmá maior de Carlos II (filla do primeiro matrimonio do pai de ámbolos dous). Luís argumentou que os costumes de Brabante non permitían que un fillo sufrise prexuízos polas consecuencias de que o seu pai volvese casar, polo que tiña prioridade sobre os fillos dos seguintes matrimonios á hora de herdar. Estas reclamacións darían pé á [[Guerraguerra de Devolución]] de [[1667]], na cal Luís participou persoalmente.
 
Os problemas internos da [[República dos Sete Países Baixos Unidos]] beneficiaron os intereses de Luís nos Países Baixos. O político máis importante do momento nas Provincias Unidas, [[Johan de Witt]], temía que o mozo [[Guillerme III, Príncipe de Orange]], se fixese co poder nas Provincias Unidas. De Witt pensaba que unha guerra naval contra Francia se podería levar, mais non unha guerra terrestre, que permitiría a intervención de Guillerme III, deixándolle co poder. Así, coas Provincias Unidas divididas nun conflito interno entre os seguidores de De Witt e os de Guillerme de Orange, xunto coas refregas entre ingleses e holandeses, Francia non tivo ningunha dificultade en conquistar [[Flandres]] e o [[Franco Condado]]. Ante a velocidade do triunfo francés, as Provincias Unidas uníronse a [[Inglaterra]] e [[Suecia]] nunha [[Tripla Alianza (1668)|Tripla Alianza]] no ano [[1668]]. A formación da Tripla Alianza puña a Luís XIV ante o problema de verse no medio dunha guerra de maiores dimensións, polo que aceptou firmar a paz no [[Tratado de Aquisgrán (1668)|Tratado de Aquisgrán]], polo cal a Francia se quedaba co control de [[Flandres]], pero devolvía o Franco Condado á España.[[Ficheiro:ES Francia 1552-1798.png|esquerda|miniatura|350px|Expansión francesa baixo Luís XIV (en laranxa).]]A Tripla Alianza non durou moito. En [[1670]], [[Carlos II de Inglaterra]], atraído por subornos franceses, asinou en segredo o [[Tratado de Dover]], converténdose en aliado francés. Ámbolos dous reinos declararon a [[Guerra Franco-Holandesa|guerra ás Provincias Unidas]] en [[1672]]. A rápida invasión e ocupación da práctica totalidade dos Países Baixos, salvo [[Ámsterdan]], provocou un [[golpe de estado]] contra De Witt, o que lle permitiu a Guillerme III facerse co poder. Guillerme III aliouse coa España e o Sacro Imperio, e, tras dous anos de loita en [[1674]], asinou un tratado de paz coa Inglaterra forzando aos ingleses a retirárense dos Países Baixos. Guillerme incluso chegou a casar con [[María II de Inglaterra]], sobriña de Carlos II de Inglaterra. Porén, e a pesar destes movementos diplomáticos, a guerra continuou con grandes vitorias francesas sobre as forzas da coalición opoñente. De feito, as nacións implicadas, extenuadas pola guerra, comezaron a negociar unha paz, chegando no [[1678]] á [[Paz de Nimega]]. No devandito tratado Luís XIV, malia devolver todo o territorio holandés capturado, gañou a posesión de máis cidades e retivo o Franco Condado, que fora invadido en poucas semanas.
As accións francesas uniron aos príncipes no bando del Emperador. Luís esperaba que Inglaterra, gobernada polo católico [[Xacobe II de Inglaterra|Xacobe II]], se mantivera neutral no conflito, pero a ''[[Revolución Gloriosa]]'' inglesa derrocou a Xacobe, que foi substituído no trono pola súa filla [[María II de Inglaterra|María II]], que gobernou xunto co seu marido [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] (Príncipe de Orange). Debido á inimizade que xurdiu entre Luís e Guillerme na guerra en Holanda, este decidiu unirse á Liga, a cal pasou a denominarse dende ese momento [[Gran Alianza]].
 
As campañas da coñecida como [[Guerraguerra dos Nove Anos]] ([[1688]]–[[1697]]) estiveron dominadas, polo xeral, polas tropas francesas. As forzas Imperiais resultaron pouco efectivas, xa que a maioría do seu exército seguía a enfrontarse ao [[Imperio otomán|otomán]]. En pouco tempo Francia conseguiu unha gran cantidade de vitorias desde Flandes, no norte, ata o val do Rin, no leste Italia. Ao mesmo tempo, Luís XIV apoiou a Xacobe II no seu intento de recuperar o trono británico, pero este non tivo éxito. Este feito provocou que Inglaterra puidera entrar con máis forza no conflito continental. No obstante, a pesar do tamaño da coalición rival, os franceses derrotaron ao exército aliado na [[Batalla de Fleurus (1690)|Batalla de Fleurus]], así como na [[Batalla de Steenkerque]] ([[1692]]) e na [[Batalla de Landen|Batalla de Neerwinden]] ([[27 de xullo]] de [[1693]]). Baixo a supervisión persoal do rei, as tropas francesas capturaron Mons en [[1691]] e a fortaleza de Namur, no ano [[1692]]. Porén, a vitoria naval francesa na [[Batalla de Beachy Head]] en [[1690]] foi contrarrestada pola vitoria angloholandesa na [[Batalla da Hogue]] en [[1692]]. A guerra durou aínda catro anos máis, ata que o Duque de Savoia firmou un acordo de paz, aliándose así cos franceses no ano [[1696]], reforzando ós exércitos franceses e facilitando a captura de [[Milán]] e [[Barcelona]].
 
A Guerraguerra dos Nove Anos rematou en [[1697]] co [[Tratado de Ryswick]]. Luis XIV devolveu [[Luxemburgo]] e outros territorios dos que se apoderara na guerra holandesa de [[1679]], pero conservou [[Estrasburgo]]. Tamén adquiriu ''de jure'' a posesión de [[Haití]] así como a devolución dos territorios de [[Pondicherry]] e [[Acadia]]. Luís, por outra banda, tivo que recoñecer o reinado de Guillerme III e María II como soberanos de Gran Bretaña e Irlanda; de igual modo renunciou ás súas reclamacións sobre o [[Palatinado]]. España recuperou Cataluña e outros territorios perdidos, tanto na Guerraguerra dos Nove Anos coma noutras anteriores, nos Países Baixos. Luís tamén devolveu neste tratado a Lorena ao seu duque, pero baixo a condición de permitir a libre circulación francesa no seu territorio.
 
== Notas ==
* [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]
* [[Absolutismo]]
* [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión española]]
 
=== Ligazóns externas ===
10.308

edicións