Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Tamese
Liña 8:
== Primeiros anos ==
=== Controversia sobre o seu nacemento ===
A carencia de arquivos parroquiais do período fixo imposible establecer a data do nacemento de Ana Bolena. As probas a partir do século XVI son contraditorias, con distintas datas que foron propostas por varios autores. Un historiador italiano, en 1600, suxeriu que ela nacera en 1499, mentres que o xenro de sir [[Thomas More]], William Roper, suxeriu unha data moi posterior, 1512. Hoxe en día, o debate académico céntrase ao redor de dúas datas cravesclaves: 1501 e 1507.<ref>A data de 1507 foi proposta primeiro por un anticuario isabelino, William Camden, e foi a favorita ata o traballo do historiador de arte Hugh Paget, que argumentou en contra en 1981. Ver a biografía de Eric Ives ''The Life and Death of Anne Boleyn'' para os argumentos máis extensos que favorecen 1500/1501 e ''The Rise and Fall of Anne Boleyn'' de Retha Warnicke para a especulación subxectiva sobre o ano de nacemento de 1507.</ref> Ives, un historiador británico e experto legal, promove a data de 1501, mentres Retha Warnicke, un erudito americano e historiador de xénero que tamén escribiu unha biografía de Ana, prefire 1507.
 
A peza craveclave das evidencias escritas sobreviventes neste argumento é [http://www.nellgavin.com/boleyn_links/boleynhandwriting.htm unha carta que Ana escribiu en 1514]. Escribiuna en [[Lingua francesa|francés]] (a súa segunda lingua) ao seu pai, que aínda vivía en Inglaterra mentres Ana completaba a súa educación nos [[Países Baixos]]. Ives sostén que o estilo da carta e a súa letra madura demostra que Ana debía ter aproximadamente trece anos no momento de escribila. Esta estaría tamén ao redor da idade mínima en que unha rapariga podería ser unha dama de honra, cando Ana o foi da rexente Margarida. Isto está apoiado por afirmacións dun cronista de finais do século XVI, o cal escribiu que Ana tiña vinte anos cando volveu de Francia.<ref>Ver Ives, p. 18–20;</ref> Estas conclusións son cuestionadas por Warnicke en varios libros e artigos, pero as probas aínda non apoian concluintemente ningunha data.
 
=== Infancia e familia ===