Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Aquileia Basilica - Krypta Fresco Bischofsweihe Hermagoras.jpg|dereita|miniatura|[[Pedro, papa|San Pedro]] consagrando a [[Hermágoras de Aquilea|Hermágoras]] pola imposición das mans en presenza do [[Evanxeo|evanxelista]] [[Marcos o Evanxelista|Marcos]]. Basílica patriarcal de [[Aquilea]], [[Italia]].]]
 
Un '''bispo''' (do [[grego antigo|grego]] do [[Novo Testamento]] ἐπίσκοπος, ''epískopos'', "supervisor", "gardián") é un membro do [[clero]] cristián]] [[Cristianismo|cristián]] que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas [[Igrexa Católica|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], [[Comuñón Anglicana|anglicana]] e [[Unión de Utrecht (igrexas)|veterocatólica]], así como na [[Igrexa Asiria Oriental]], os bispos pretenden ter [[sucesión apostólica]], é dicir, unha liña directa descendente dos [[Doce Apóstolos]]. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o [[Orde sacerdotal|sacerdocio]] no seu máximo grao, é dicir, o '''episcopado''', e quen poden ordenar [[sacerdotes]] e bispos. Algunhas igrexas [[protestantismo|protestantes]] e [[metodistas]] teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.
 
O termo ''epískopos'' non estaba nos comezos do [[cristianismo]] claramente diferenciado do termo ''[[presbítero|presbýteros]]'' ("ancián", hoxe en día co significado de [[sacerdote]]), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de [[Ignacio de Antioquía]] (finado arredor de [[108]]), e as fontes de mediados do [[século II]] xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a [[reforma protestante]].