Pergamiño Vindel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4163080 de 193.144.37.39 (conversa)
Liña 1:
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|miniatura|250px|O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, New York, Vindel MS M979).]]
 
O '''Pergamiño Vindel''' ou grandio12 é un texto copiado a finais do [[século XIII]] ou comezos do XIV e posúe características similares ao [[Cancioneiro de Ajuda]]. Contén as sete cantigas de amigo de [[Martín Codax]], coa notación musical incluída de seis.
 
==Historia==
A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos '''Pedro Vindel''' o encontrou na súa biblioteca en [[1914]], servindo de forro a un exemplar do ''De officiis'' de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], do [[século XIV]] con encadernación do [[século XVIII]].
 
O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo [[Rafael Mitjana]], quen o depositou na súa biblioteca de [[Uppsala]], cidade [[Suecia|sueca]] onde residía por aquel entón. Tras a súa morte, en [[1921]], a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en [[Londres]] polo seu colegabro Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola [[Pierpoint Morgan Library]] de [[Nova York]], onde se conserva desde [[1977]].
 
A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista ''Arte Español''. Ao ano seguinte, en [[1915]], o libreiro publicou a primeira edición [[facsímile]] do manuscrito.