Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 179:
O terceiro gabinete caracterizouse pola abundancia dos relevos entre os ministros que acentuou o caos administrativo.<ref name="rabinowitch55"/> Tralo aparente esmagamento do poder dos bolxeviques a mediados de xullo, a finais do mes e en agosto comezouse unha nova radicalización da poboación ante o agravamento da crise.<ref name="rabinowitch94">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 94</ref> A situación alimenticia a mediados de agosto na capital volveuse desesperada,<ref name="rabinowitch94"/> o [[1 de setembro]] os alemáns ocuparon [[Riga]], a anarquía estendíase xunto coas ocupacións de terreos polos campesiños, mentres que os movementos autonomistas non encontraban freo no Goberno, e os soldados da fronte adoptaban posturas cada vez máis radicais a favor das reformas.<ref name="rabinowitch94"/>
 
Consciente do descontento popular, Kerenskii non logrou, porén, acordar entre os seus ministros un programa de reformas que enderezase en parte a situación e non se decidiu a aplicar unha represión radical;<ref name="rabinowitch95">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 95</ref> o Goberno quedou paralizado.<ref name="wade195"/><ref name="rabinowitch95"/> Ante esta situación, influíntesinfluentes elementos liberais e conservadores comenzaron a formularse a posibilidade de apoiar un intento de implantar un Goberno militar que restaurase a orde na fronte e frease o caos crecente.<ref name="wade195"/><ref name="rabinowitch95"/> A maioría do [[Partido Democrático Constitucional]], encabezado por Miliukov, adoptou esta postura, mentres unha minoría mantiña o seu respaldo á coalición cos socialistas.<ref name="rabinowitch95"/>
 
As organizacións partidarias dun Goberno militar sopesaron varios candidatos para o posto de ditador, decantándose finalmente polo xeneral [[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército, valente pero pouco intelixente, de ideas políticas conservadoras e algo primitivas.<ref name="rabinowitch97">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 97</ref> Tralo [[golpe de Kornílov|fracaso da intentona militar]] a comezos de setembro, o poder real do Goberno desapareceu.<ref name="basil148">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 148</ref> Esfumouse definitivamente o espírito de cooperación entre socialistas moderados e liberais nos que se baseaba a súa autoridade.<ref name="basil148"/> Importantes socialistas que defenderan anteriormente a cooperación cos ''kadetes'' comenzaron a criticar a continuación da colaboración, como o ex-ministro socialrevolucionario [[Víctor Chernov]]; entre os menxeviques creceu o apoio á corrente internacionalista oposta aos pactos cos liberais.<ref name="basil149">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 149</ref>