Ángel de Saavedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a ''Cruz de Cabaleiro'' de [[Orde de Malta|Malta]], a ''Bandeirola da Garda de Corps'', o ''Hábito de Santiago'' etc. En [[1807]] foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalería Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.
 
En [[1823]], Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en [[1820]]. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara a [[Inglaterra]], despois pasou a [[Malta]] onde viviu cinco anos, marchando en [[1830]] a [[París]]. Despois da morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]], regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en [[1834]] morreu o seu irmán maior e foille concedido o título de ''Duque de Rivas''. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a [[Portugal]] por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en [[Nápoles]] e [[Francia]]. Foi [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Consello de Ministros]] durante un día, do Ateneo de Madrid e da [[Real Academia Española]] en [[1865]].
 
== Obras ==