Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 75:
En 1924 un aínda descoñecido Salvador Dalí ilustrou un libro por primeira vez. Era unha publicación do [[poema]] en [[Lingua catalá|catalán]] ''Les Bruixes de Llers'' ("As meigas de Llers"), dun dos seus amigos da residencia, o [[poeta]] [[Carles Fages de Climent]]. Dalí axiña se familiarizou co [[dadaísmo]], influencia que o marcou polo resto da súa vida. Na residencia tamén trabou unha apaixonada relación co mozo Lorca, pero Dalí rematou rexeitando os amorosos reclamos do poeta.<ref>Para máis información sobre a relación entre ambos artistas, véxase ''Lorca-Dalí: o amor que non puido ser'' e ''The Shameful Life of Salvador Dalí'', ambos por [[Ian Gibson]].</ref><ref name="conversations">Bosquet, Alain, ''[http://www.ubu.com/historical/dali/dali_conversations.pdf Conversations with Dalí]'', 1969. pp. 19-20 (formato PDF) (sobre García Lorca) «S.D.: Era homosexual, iso sábeo todo o mundo, e estaba tolamente namorado de min. Intentou learse comigo un par de veces... e eu estaba extremadamente molesto, porque non era homosexual, e non estaba disposto a ceder. Ademais, iso doe. Así que iso quedou en nada. Pero sentinme terriblemente afagado polo prestixio das súas atencións. No máis profundo de min, sentía que el era un gran poeta e débolle un minúsculo anaco do cu do Divino Dalí».</ref>
 
Dalí foi expulsado da Academia en [[1926]], pouco antes dos seus exames finais, por afirmar que non había ninguén en condicións de examinalo.<ref name=olga>[http://www.abcgallery.com/D/dali/dalibio.html Salvador Dalí: Olga's Gallery]. Revisado o 22 de xullo de 2006.</ref> A mestría dos seus recursos pictóricos reflectiuse no seu impecablemente realista ''Cesta de pan'', pintada en 1926.<ref>[http://www.dali-gallery.com/html/galleries/painting05.htm Paintings Gallery #5].</ref> Ese mesmo ano, visitou [[París]] por primeira vez, onde coñeceu a [[Pablo Picasso]], a quen o mozo Dalí admiraría profundamente. Picasso xa recibira algúns comentarios eloxiosos sobre Dalí de parte de [[Joan Miró]]. Co paso do tempo e o desenvolvemento dun estilo propio, Dalí converteuse á súa vez nunha referencia e en unnun factor influínteinfluente na pintura destes.
 
Algunhas das características da pintura de Dalí daquela época convertéronse en distintivas para toda a súa obra posterior. Dalí absorbía as influencias de moitos estilos artísticos, dende o [[academicismo]] [[Clasicismo|clásico]] ás [[Vangardismo|vangardas]] máis rompedoras.<ref>Hodge, Nicola, and Libby Anson. ''The A–Z of Art: The World's Greatest and Most Popular Artists and Their Works''. California: Thunder Bay Press, 1996. [https://ucmshare.ucmerced.edu/docushare/dsweb/Get/Document-94961/Dali+Salvador.doc Online citation].</ref> As súas influencias clásicas pasaban por [[Rafael]], [[Agnolo Bronzino]], [[Francisco de Zurbarán]], [[Johannes Vermeer|Vermeer]] e, por suposto, [[Diego Velázquez|Velázquez]].<ref>[http://www.artcyclopedia.com/feature-2005-03.html Phelan, Joseph] — Artcyclopedia.</ref> Alternaba técnicas tradicionais con sistemas contemporáneos, ás veces nunha mesma obra. As exposicións da súa obra realizadas en [[Barcelona]] naquela época atraeron grande atención, na que se mesturaban as loanzas e os debates suscitados por unha crítica dividida.