Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 134:
Ao contrario das facilidades administrativas que encontrara en Köthen, onde debía responder só ante o príncipe, en Leipzig Bach tiña dúas ducias de superiores, incluíndo o reitor (a autoridade docente), o consello municipal (a autoridade civil) e o consistorio (a autoridade eclesiástica), que poucas veces estaban en harmonía, o que se complicaba coa pouca inclinación de Bach aos modos diplomáticos.<ref name="Geiringer, p. 67-69"/> Outra fonte de tribulacións era o feito de que Bach vivira no edificio superpoboado da escola, xunto con alumnos e outros profesores. O seu apartamento, aínda que tivese unha entrada independente, estaba ao lado das aulas, o que lle roubaba privacidade, ademais de que o barullo dos alumnos se prolongaba ata xa entrada a noite. Tamén por obriga do seu contrato debía desempeñar funcións extramusicais, tales como dar clases de latín ou pagar a un profesor para substituílo, e de catro en catro semanas, durante unha semana enteira, actuaba como inspector disciplinar das 4h ou 5h da mañá ata as 8h da noite, nunha escola desorganizada chea de alumnos irresponsables e turbulentos.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=72-73}}</ref> Foi arredor de [[1730]] cando a gran produción de cantatas de Bach minguou por varias razóns, como os medios materiais pouco propicios da igrexa ou os diversos conflitos de Bach que fixeran que se cansara da súa función. Nun famoso memorando dese ano dirixido ao consello da cidade, Bach explica os seus agravios; este documento supón a fonte de información máis importante sobre as ideas do compositor no que se refire ao tamaño dos coros e aos grupos instrumentais. Por outra banda ese mesmo ano, nunha carta que escribiu ao seu amigo da infancia Georg Erdmann (daquela diplomático no servizo ruso), queixase da súa decepcionante situación en Leipzig e mostra o seu interese por un posto en [[Dantzig]] que finalmente non resultaría.<ref name="leipzig2">{{Cita web |url=http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/leipzig2.html |título=Leipzig 1723-1750. Part 2 (1729-1740) |editorial=Universidade de Groningen |dataacceso=17 de febreiro de 2015 |lingua=inglés}}</ref>
 
Todo iso foi en parte atenuado cando en 1730 asumiu o cargo un novo reitor, [[Johann Matthias Gesner]], que admiraba a Bach e lle propiciou mellores condicións para a práctica musical.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=87-91}}</ref> Mais Gesner permaneceu no posto apenas ata 1734, sendo sucedido por [[Johann August Ernesti]], un xove con ideas avanzadas en educación, mais inimigo declarado da música. En xullo de 1736 as friccións comezaron de novo en forma dunha disputa sobre o dereito de Bach para nomear monitores entre os alumnos máis vellos, chegando á dimensión de escándalo público. Felizmente para Bach, foi nomeado en novembro dese mesmo ano compositor da corte de [[Augusto III da Polonia|Friedrich August II]] (posto que xa solicitara en [[1733]] e que levaría ás súas derradeiras obras influencias do novo ''[[style galant]]''), Elector de [[Saxonia]] convertido ao [[catolicismo]] e recentemente elevado á posición de rei de Polonia, circunstancia que orixinou o nacemento dunha das súas obras máis importantes, a monumental ''[[Misa en si menor (Bach)|Misa en si menor]]'' (concluída en [[1749]]). Posiblemente Bach conseguiu este cargo en parte coa axuda do influínteinfluente Conde Keyserlingk, a quen posteriormente o compositor dedicaría as súas ''[[Variacións Goldberg]]''. Co prestixio do novo cargo, foi capaz de introducir a varios amigos na corte para que procedesen a unha investigación oficial, e a súa disputa con Ernesti foi resolta ao seu favor en 1738.<ref name="Britannica"/><ref name="leipzig2"/><ref name="leipzig3">{{Cita web |url=http://www.let.rug.nl/Linguistics/diversen/bach/leipzig3.html |título=Leipzig 1723-1750. Part 3 (1740-1750) |editorial=Universidade de Groningen |dataacceso=17 de febreiro de 2015 |lingua=inglés}}</ref><ref name="leipzig3"/>
 
Mentres tanto, en 1729 asumiu a dirección musical do Collegium Musicum fundado por Telemann, unha sociedade musical que ofrecía concertos semanais, e que era unha das entidades máis activas de Leipzig no seu xénero e un punto de encontro e de debates artísticos para moitos viaxeiros ilustres. Bach permaneceu á cabeza do Collegium ata 1737, e despois reasumiu o cargo en 1739 ata 1741. A sociedade ofreceulle completa liberdade de acción e condicións para explorar o campo da música instrumental e vocal secular. Para as interpretacións do Collegium, Bach produciu moitas obras mestras, como a ''[[Schweigt stille, plaudert nicht]]'' ou ''Cantata do Café'' (''Kaffeekantate''), a cantata festiva ''[[Schleicht, spielende Wellen, und murmelt gelinde]]'', as suites orquestrais, os concertos para violín, ademais de resucitar varias obras compostas para Köthen e executar innumerables obras doutros mestres.<ref name="Grove"/>
Liña 210:
As súas primeiras composicións para cravo compartían algunhas características estilísticas coa súa produción organística inicial e, do mesmo xeito que estas, a súa datación é difícil. Entre 1700 e 1713 sen dúbida compuxo moitas tocatas, preludios e fugas, amais de pezas noutros formatos como a variación e o capricho, onde se conxugan influencias xermánicas, francesas e italianas, exemplificadas por obras como o capricho BWV 992<ref name="Grove"/> e as tocatas BWV 910-916, obras concibidas en varios movementos e de contrapunto libre, que están entre as máis perfectas obras nun xénero antigo cuxas raíces se perden na historia.<ref>{{cita audiovisual notas|apelidos1=Stone|nome1=Peter Elliot|título=Glenn Gould ‎– Bach Toccatas Vol.2|lingua=en|tipo=libreto|id=76984|editorial=CBS Masterworks|ano=1981}}</ref> Despois de 1712 a influencia italiana fíxose máis forte. Nos últimos anos en Weimar e os primeiros en Köthen produciu obras como as ''[[Suites Inglesas]]'' e a coñecida ''Fantasía Cromática e Fuga'' BWV 903, e tamén o ''Clavier-Büchlein'' de Wilhelm Friedemann, que é unha colección esencialmente didáctica e puxo os fundamentos para o ciclo do ''[[Das wohltemperierte Klavier]]'' e das ''Invencións e Sinfonías a dúas e tres voces''.<ref name="Grove"/>
 
As ''Invencións e Sinfonías'' tamén posúen un propósito didáctico, co obxectivo de adestrar ao estudante na interpretación correcta de música a dúas e tres voces. Mais de todas as coleccións, as máis importantes e influíntesinfluentes de todas son, con moito, os dous volumes de ''Das wohltemperierte Klavier''. Cada volume presenta unha serie de 24 preludios e fugas en todas as tonalidades maiores e menores, superando en termos de lóxica, forma e calidade musical a todas as tentativas dos seus antecesores, e abrindo novas perspectivas para o futuro.<ref name="Grove"/>
Segundo Goodall:<ref>{{Cita libro|apelidos=Goodall|nome=Howard|título=Big Bangs: The Story of Five Discoveries That Changed Musical History|lingua=en|lugar=Londres|editorial=Vintage|ano=2000|páxina=122}}</ref>