México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Toponimia: texto traducido desde a wiki .es:México#Toponimia
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 448:
Adóitase considerar a [[charrería]] como o [[deporte]] nacional dos mexicanos.<ref>{{Cita web |url=http://www.sectur.gob.mx/wb2/sectur/sect_Celebracion_del_Dia_Mundial_del_Turismo |autor=Secretaría de Turismo |título=Celebración del Día Mundial del Turismo |dataacceso=18 de decembro de 2011 |data=25 de agosto de 2004|url-arquivo=http://web.archive.org/web/http://www.sectur.gob.mx/wb2/sectur/sect_Celebracion_del_Dia_Mundial_del_Turismo|data-arquivo=3 de decembro de 2015}}</ref> Este [[deporte]] derivou das tarefas dos caporais nas facendas gandeiras.<ref>{{Cita web |url=http://www.mexicomaxico.org/dadivas/charreria.htm |título=La Charrería |autor=México Maxico |dataacceso=18 de decembro de 2011}}</ref> A súa orixe data da época colonial,<ref>{{Cita web |url=http://www.decharros.com/historia.htm |título=Historia de la Charrería |autor=DeCharros |dataacceso=18 de decembro de 2011}}</ref> e atribúese a [[Maximiliano I de México|Maximiliano de Habsburgo]] a creación do traxe de [[charro]] na súa forma definitiva.<ref>{{Cita web |url=http://www.nuestraedad.com.mx/trajedecharro.htm |título=Traje de Charro |autor=nuestraedad.com.mx |dataacceso=18 de decembro de 2011}}</ref>
 
Algúns deportes teñen unha orixe nas culturas prehispánicas de [[Mesoamérica]]. É o caso da [[pelota tarasca]],<ref>{{Cita web |url=http://www.despertardelsur.com/ds/index.php?option=com_content&view=article&id=15639:pelota-tarasca-una-aportacion-de-tierra-caliente-al-deporte-mundial&catid=19:especiales&Itemid=24 |título=Pelota Tarasca: Una aportación de Tierra Caliente al deporte mundial |autor=Jorge Arturo Olivares Benítez |dataacceso=18 de decembro de 2011}}</ref> a [[pelota purépecha]], a [[pelota mixteca]] de [[Oaxaca]] e o [[Ulama (xogo)|ulama]] de [[Sinaloa]], todos eles vencellados co antigo [[xogo de pelota mesoamericano|xogo de pelota]] practicado polos pobos mesoamericanos.<ref>{{Cita web |url=http://www.tabascohoy.com/noticia.php?id_nota=108037 |título=Juego de pelota lúdico ritual prehispánico |data=11 de xuño de 2006 |autor=Tabasco Hoy |dataacceso=18 de decembro de 2011|url-arquivo=http://web.archive.org/web/http://www.tabascohoy.com/noticia.php?id_nota=108037|data-arquivo=3 de decembro de 2015}}</ref> Este xogo de pelota dramatizaba o movemento dos astros no firmamento, e en teoría os seus descendentes actuais tamén o fan; claro está que agora os equipos vencidos non son sacrificados ós deuses. En [[Chihuahua]], os [[pobo tarahumara|tarahumaras]]s realizan carreiras rituais chamadas [[rarajípara]] e [[ariweta]]. A primeira é para varóns, e é xogada en equipos que se relevan para completar un percorrido de varios quilómetros pola serra pateando unha pequena pelota. A segunda é para mulleres, e elas deben facer o percorrido empurrando un aro.
 
Se ben a Secretaría de Educación Pública inclúe o ensino da [[educación física]] nas escolas ó seu cargo, como fan tamén as instancias estatais encargadas da instrución, o deporte organizado non é unha actividade común entre o pobo. O máis estendido é o [[fútbol]], aínda que no norte do país teñen maior presenza o [[baloncesto]], o [[béisbol]] e o [[sófbol]], tendo estes dous últimos moi boa aceptación no sur do país. No sur da [[Cidade de México]], a práctica afeccionada do [[frontón]] e a [[pelota vasca]] é moi importante, e deu lustre ó deporte mexicano a nivel internacional. A [[patinaxe artística sobre xeo]] e o [[hóckey sobre xeo]] son deportes practicados pola xuventude mexicana acomodada, amosando un constante crecemento. Outros deportes que gozan de gran popularidade en México son o [[voleibol]] que é practicado como un dos deportes básicos a nivel escolar, así como o [[fútbol americano]] que se practica de xeito organizado en diversas ligas integrantes da [[Organización Nacional Estudantil de Fútbol Americano|ONEFA]].