[[Ficheiro:Nine-Dragons1.jpg|miniatura|350px|Detalle dos ''[[Nove dragóns]]'' de [[Chen Rong (pintor)|Chen Rong]], 1244, [[Dinastía Song]].]]
{{Contén texto chinés}}
Os '''dragóns chineses''' (en {{lang-zh|t=龍, s=龙}}) son criaturas lendarias da [[mitoloxía chinesa|mitoloxía]] e o folclore chinés. Os dragóns teñen moitas formas animais como tartarugas, peixe, mais son máis comunmente representados como [[cobra]]s con catro patas. Os dragóns chineses tradicionalmente simbolizan fortes poderes, particularmente control sobre a auga, a pluviosidade, os tifóns e as inundacións. O dragón é tamén un símbolo de poder, forza, e boa sorte para persoas que son dese signo. Con isto, o [[Emperador da China]] normalmente utilizou o dragón como símbolo do seu poder imperial e forza.