Diferenzas entre revisións de «Guerra civil catalá»

sen resumo de edición
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/desvalorizaci%C3%B3n)
A '''Guerraguerra civil catalá''' (1462-1472) é o enfrontamento armado entre [[Xoán II de Aragón]] e as institucións catalás (Deputación do Xeral e [[Consello de Ciento]]) por ter o control político. A morte de Carlos de Viana -protexido de [[Cataluña]] e enfrontando co seu pai Xoán II- será a escusa para formalizar o inicio dunha contenda que, de feito, víñase agardando dende o seu predecesor [[Afonso o Magnánimo]].
 
Con todo, a guerra é o resultado dunha controversia política entre a monarquía e a oligarquía; entre o estilo absolutista e o dos pactos. Tamén está sobre o taboleiro a capacidade política da [[Generalitat de Cataluña|Generalitat]] para asumir a soberanía e gobernar. Ao comezo das hostilidade, toda a sociedade vese obrigada a optar por unha das bandas en función dos seus intereses e ideoloxías.
En Cataluña destaca especialmente a crise social agraria, coa aparición do movemento remensa, que reivindica a supresión dos malos usos. No aspecto político, a concepción autoritaria da monarquía bate, por un lado, coa crecente forza das institucións e os poderes económicos e, polo outro, coa contorna rural, con fortes tensións coa nobreza e esta cos seus servos.
 
=== O ambiente no campo: Aa revolta dos remensas ===
{{Artigo principal|Guerra dos Remensas}}
As continuas reivindicacións dos labregos contra a opresión dos señores foi recollida tímida, pero interesadamente, polo rei [[Afonso o Magnánimo]] na primeira metade do [[século XV]], posto que quería ter máis control sobre a nobreza, aliñada cos poderes institucionais de [[Cataluña]]. O seu sucesor, Xoán II, herdou este clima de revolta no campo que lle resultará beneficioso no seu enfrontamento co poder político catalán. A guerra dos remensas iniciada no [[1462]], coincide en datas coa guerra civil catalá e sitúa á Deputación do Xeneral con dous frontes abertos: loita contra o campo e loita contra o rei. Os remensas acontecen, de inmediato, uns aliados da causa do rei.
 
=== O ambiente en Barcelona: Aa Biga e a Busca ===
{{Artigo principal|A Biga e a Busca}}
A crise económica mediterránea cara [[1425]] leva a intervención pola vía de medidas [[proteccionistas]], pero para aplicalas fai falta vencer a resistencia da oligarquía urbana (''[[Ciutadans honrats]]''; en galego, 'cidadáns honrados').
Unha vez iniciada a guerra, os da Busca -maioritarios no Consello de Barcelona- tomaron partido por Xoán II. Isto enfrontounos coa Generalitat que en 1463 xulgou e condenou a morte por conspiración aos conselleiros [[Pere Destorret]] e [[Francesc Pallarès]], xunto con [[Bernat Turró]], [[Martí Solzina]] e [[Joan Mitjavila]], membros do partido da Busca.
 
=== O enfrontamento entre Xoán II e o Príncipepríncipe de Viana ===
Da unión de Xoán II e a súa primeira dona, [[Branca I de Navarra]], naceu [[Carlos de Viana]], primeiro príncipe de Viana, que segundo as capitulacións matrimoniais de [[1419]] herdaría o [[reino de Navarra]] á morte da súa nai. Pero no [[1441]] ao falecer Branca I, Xoán II usurpou o trono navarro. O resultado creou a [[guerra civil de Navarra]] entre 1451 e 1455, na que combateron os [[agramonteses]], partidarios do rei Xoan, e os [[beamonteses]], partidarios de Carlos. Xoán II derrota definitivamente a Carlos na [[batalla de Aibar]] en [[1452]].
 
O clima emocional xerou polo encarceramento de Carlos, ordenada por seu pai o [[1460]], fixo pasar á ofensiva ás clases privilexiadas do Principado.
 
As Cortes de [[Lleida]] daquel mesmo ano elixen un Consello do Principado que esixiu ao rei a inmediata liberación do seu fillo. Esta enérxica actitude, unida ao levantamento dos [[beamonteses]] navarros e á mobilización castelá á fronteira de Aragón, obrigaron ao rei a ceder, liberando a CArlosCarlos e aceptando as capitulación de Vilafranca del Penedès ([[1461]])), onde se recollían as reivindicacións políticas da oligarquía catalá, entre outras, a prohibición ao rei de entrar en Cataluña sen permiso da Generalitat.
 
Pero a repentina morte do Príncipepríncipe de Viana ás tres semanas da súa liberación alterou a aparente pacificación. Os da Busca e os labregos tentaron recuperar posicións, provocando un levantamento campesiño no [[1462]] e co apoio do rei de Francia, Xoán II penetrou no Principadoprincipado sen permiso do Consello. A resposta dos cataláns consistiu en organizar un exército para sufocar o levantamento labrego e destituír ao monarca en xuño de [[1462]]
 
== Desenvolvemento da guerra ==
A Capitulación de Pedralbes é firmada o 24 de outubro de [[1472]]. É o final dunha guerra que remata sen vencedores nin vencidos. Xoán II unicamente pide que se anule a Capitulación de Vilafranca. As medidas de clemencia e unha preferencia á Deputación rebelde ante a monárquica, permitindo seguir no cargo a deputados que serían opositores, trouxeron algunha división pero pacificou o país.
 
Urxía traballar para solucionar os graves problemas económicos posto que [[Cataluña]] estaba arruinada trala guerra. As Cortes de [[1473]] abordan o tema da recuperación que non se solucionará.
 
[[Xoán II de Aragón|Xoán II]] que morreu en [[1479]], deixando sen solución os principais problemas que o seu fillo [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando II]] tentaría solucionar:
 
* En primeiro lugar ocupando o RosellonRosellón e a Cerdaña.
* O programa económico adoptado era, en parte, o dos da Busca dende [[1450]].
* Decídese tamén a reforma dos organismos dirixentes de Cataluña: a Deputación e o Consello.
10.315

edicións