Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 29:
== Historia ==
[[Ficheiro:Tumba de Pascual Veiga.jpg|miniatura|dereita|Sepultura de [[Pascual Veiga]], autor da música do himno galego, no antigo cemiterio de Mondoñedo.]]
Estreouse na cidade da [[Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]] e, ao igual ca [[bandeira de Galicia]], é froito da emigración. Desde [[1907]] até [[1923]], o himno galego foi cantado por [[Rexionalismo galego|rexionalistas]] e [[Agrarismo|agraristas]] nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu o uso durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.
 
Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do [[franquismo]] no [[Estado español]], e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto [[folclore galego]]. Dende [[1960]] comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos [[Ideoloxía|ideolóxicos]]. En concreto, cantábase só a primeira parte.