República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Clima / os datos detallados do clima de Praga, mellor no artigo de Praga
Liña 109:
Entre [[1945]] e [[1946]], case toda a minoría alemá en Checoslovaquia, ao redor de 2,7 millóns de persoas, foron expulsados cara [[Alemaña]] e [[Austria]]. Durante este tempo, miles de alemáns foron retidos en cárceres e campos de detención, ou utilizados como man de obra forzada. Os únicos alemáns non expulsados foron os que participaran activamente na resistencia contra os nazis ou foron considerados de importancia económica (uns 250.000), aínda que moitos acabaron emigrando máis tarde. Tras un referendo organizado pola Unión Soviética en [[1946]], a Rutenia Subcarpática pasou a formar definitivamente parte da [[República Socialista Soviética de Ucraína]] co nome de Oblast de Zakarpattia.
 
Checoslovaquia tratou de xogar con inquietude o papel de "ponte" entre [[Europa Occidental|Occidente]] e [[Bloque do Leste|Oriente]]. Con todo, o [[Partido Comunista]] aumentou rapidamente en popularidade, debido á desilusión xeral con Occidente polos [[Acordos de Múnic]] da preguerra, e unha actitude favorable cara á Unión Soviética, debido ao papel dos soviéticos na liberación de Checoslovaquia do réxime alemán. Nas eleccións de [[1946]], os comunistas gañaron o 38 % dos votos e converteuse no partido máis representado dentro do Parlamento Checoslovaco. Formou un goberno de coalición con outros partidos da [[Fronte Nacional (Checoslovaquia)|Fronte Nacional]], movéndose rapidamente para consolidar o seu poder. O paso decisivo produciuse en [[febreiro]] de [[1948]], durante unha serie de eventos chamados polos comunistas como "revolución" e polos anticomunistas "toma": as Milicias Populares aseguraron o control dos lugares craveclave en Praga e formouse un novo goberno de carácter comunista.
[[Ficheiro:Memorial lidice children (2007)-commons.JPG|miniatura|204px|Monumento aos nenos de Lidice asasinados polos nazis.]]
Durante os seguintes 41 anos, Checoslovaquia foi un [[comunismo|estado comunista]] dentro do [[Bloque do Leste]]. Este período caracterizouse por varios acontecementos sociais. O goberno comunista nacionalizou completamente os medios de produción e estabeleceu unha economía planificada. A [[economía]] medrou rapidamente durante as décadas de [[1950]] e [[1960]], mais sufriu unha desaceleración nos anos [[1970]], aumentando de problemas durante a década de [[1980]]. O clima político fora moi represivo durante a década de 1950, incluíndo varias farsas xudiciais, pero fíxose máis aberta e tolerante durante a 1960, que culminou coa [[Primavera de Praga]] de [[1968]] liderada por [[Alexander Dubček]], a cal tentou crear un "socialismo con rostro humano" e talvez mesmo introducir o pluralismo político. Con todo a revolución rematou pola forza o [[21 de agosto]] de [[1968]] trala invasión dos países do [[Pacto de Varsovia]] (excepto [[Romanía]]).