Materialismo dialéctico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q181207
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Marxismo}}
O '''materialismo dialéctico''' é considerado pola maioría de [[marxismo|marxistas]] como a base filosófica do marxismo. Como o seu nome indica, é unha combinación da [[dialéctica]] [[Hegel|hegeliana]] e o [[materialismo]] filosófico de [[Ludwig Feuerbach]], [[Karl Marx]] e [[Friedrich Engels]]. Emprega os conceptos de ''[[tese'', ''-antítese'' e ''-síntese'']] para explicar o crecemento e desenvolvemento da historia humana. Inda que Hegel e Marx nunca empregaron o devandito modelo de ''tese, -antítese, -síntese'' nas súas formulacións, é agora empregado comunmente para ilustrar a esencia deste método.
 
Algúns teóricos marxistas, críticos do materialismo dialéctico, defenderon unha resituación do traballo de Engels ''Dialéctica da natureza'' na teoría marxista. Consideran que o termo ''materialismo dialéctico'' xorde co teórico ruso [[Georgi Plejanov]] e que Marx preferiu o termo ''concepción materialista da historia'', posteriormente resumido como [[materialismo histórico]] por Engels. Isto limita o método a un contexto sociolóxico especificamente humano, non sendo, por tanto, unha teoría universal aplicable a tódolos campos científicos.