Immanuel Kant: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Tradución do artigo en inglés.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
Kant na súa [[Filosofía crítica|fase crítica]] buscou «inverter» a orientación da filosofía precrítica amosando como os problemas tradicionais da [[metafísica]] poden ser superados supondo que o acordo entre a [[realidade]] e os [[Concepto|conceptos]] que empregamos para a concibir xorde non porque os nosos conceptos mentais teñan vindo a reflectir a realidade de xeito pasivo, senón porque a realidade debe axustarse aos conceptos activos da mente humana para seren concibibles e en todo o posible para que nós experimentar. Así, Kant consideraba as categorías da [[Mente|mente humana]] como a «[[condición de posibilidade]]» [[Transcendencia|transcendental]] para calquera [[experiencia]].<ref name=":0" />
 
Politicamente, Kant foi un dos primeiros expoñentes da idea de que a [[paz perpetua]] podería ser asegurada a través da [[democracia]] universal e da [[Multilateralismo|cooperación internacional]]. Cría que este sería o resultado final da [[historia universal]], aínda que non estaba planteado racionalmente.<ref>''[[Idee zu einer allgemeinen Geschichte in weltbürgerlicher Absicht]].''</ref> A natureza exacta das ideas relixiosas de Kant continúa a ser obxecto dunha disputa filosófica especialmente acalorada, con puntos de vista que van dende a idea de que Kant foi un expoñente temperán e radical do [[ateísmo]] que finalmente estoupou o [[argumento ontolóxico]] da existencia de Deus, os tratamentos máis críticos representados por [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]] que afirmaban que Kant tiña «sangue teolóxico»<ref>{{Cita libro|título=Der Antichrist, Fluch auf das Christentum|apelidos=Nietzsche|nome=Friedrich|editorial=|ano=1888|ISBN=|ref=}}</ref> e que Kant era simplemente un [[Apoloxética|apoloxista]] sofisticado para a crenza relixiosa [[Cristianismo|cristiá]] tradicional, escribindo que «Kant quería probar, dun xeito que confundise o home común, que o home común tiña razón: esa era a charabisca secreta desta alma».<ref>{{Cita libro|título=The Portable Nietzsche|apelidos=Nietzsche|nome=Friedrich|editorial=Penguin Books|ano=1977|ISBN=978-0140150629|ref=}}</ref>
 
Na obra principal de Kant, ''[[Kritik der reinen Vernunft]]'' (''Crítica da razón pura'', [[1781]])<ref>{{Cita libro|título=Critique of Pure Reason|apelidos=Kant|nome=Immanuel|editorial=Hackett|ano=1996|ISBN=978-0872202573|ref=}}</ref>, tentou explicar a relación entre a razón e a experiencia humana e de ir alén dos fracasos da filosofía e a metafísica tradicionais. Kant quería pór fin a unha era de teorías inútiles e especulativas da experiencia humana, resistindo o [[escepticismo]] de pensadores coma [[David Hume]]. Kant considerábase que remataba e amosaba o camiño máis aló do estancamento que a filosofía moderna levara entre os [[Racionalismo|racionalistas]] e os [[Empirismo|empiristas]]<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Vanzo|nome=Alberto|data=2013|título=Kant on empiricism and rationalism|PMC=|revista=History of Philosophy Quarterly|número=1|páxinas=53-74|doi=|ISSN=0740-0675|PMID=|volume=30}}</ref>, así como o sintetizador destas dúas tradicións modernas temperás no seu pensamento.<ref name=":0" />
 
Kant argumentou que as nosas experiencias están estruturadas polas características necesarias das nosas mentes. Na súa opinión, a mente modela e estrutura a experiencia de xeito que, nun nivel abstracto, toda a experiencia humana comparte certos trazos estruturais esenciais. Entre outras cousas, Kant cría que os conceptos de espazo e tempo son parte integral de toda experiencia humana, ao igual que os nosos conceptos de causa e efecto.<ref>{{Cita libro|título=A Little History of Philosophy|apelidos=Warburton|nome=Nigel|editorial=Yale University Press|ano=2011|ISBN=0300152086|ref=}}</ref> Unha consecuencia importante deste punto de vista é que a nosa experiencia das cousas é sempre do mundo fenoménico tal como o transmite os nosos sentidos: non temos acceso directo ás cousas en si mesmas, o chamado mundo noumenal. Kant publicou outras obras importantes sobre ética, relixión, dereito, estética, astronomía e historia. Estas inclúen ''[[Die Metaphysik der Sitten]]'' (''Metafísica dos costumes'', [[1797]]), que trata a ética, e ''[[Kritik der Urteilskraft]]'' (''Crítica do xuízo'', [[1790]]), onde aborda a [[estética]] e a [[teoloxía]].
 
Kant apuntaba a resolver disputas entre enfoques [[Empirismo|empíricos]] e [[Racionalismo|racionalistas]]. O primeiro afirmou que todo coñecemento vén a través da experiencia; o último sostiña que a razón e as ideas innatas eran prioritarias. Kant argumentou que a experiencia é puramente subxectiva sen ter sido procesada pola razón pura. Tamén dixo que empregar a razón sen aplicala á experiencia só conduce a ilusións teóricas. O exercicio libre e adecuado da razón polo individuo foi un tema tanto da [[Ilustración]] coma dos enfoques de Kant aos diversos problemas da filosofía. As súas ideas influíron a moitos pensadores de Alemaña durante a súa vida, e moveu a filosofía alén do debate entre os racionalistas e os empiristas.