Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Etimoloxía: minúscula
Liña 42:
== Etimoloxía ==
 
O topónimo Inglaterra foi bautizado logo dos Anglos, a maior das tribos xermánicas asentadas en Inglaterra nos séculos quinto e sexto, e supostamente orixinarios da península de [[Angeln]], o que hoxe se coñece como [[Dinamarca]] e o Nortenorte de [[Alemaña]]. Aínda que a verdadeira etimoloxía desta tribo sexa incerta, unha lenda popular sostén que o termo Inglaterra non provén senón da palabra ''angle'', unha rexión con forma de garfo de peixe situada en [[Holstein]].
 
O termo Anglos, co que se coñece a este pobo, vai ser escrito de moi diferentes xeitos. A primeira referencia coñecida a este pobo atópase na versión latina ''Anglii'' usada por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] no capítulo 40 da súa ''[[Xermania (libro)|Xermania]]'', escrita arredor do ano [[98]]. Non achega unha indicación precisa da súa situación xeográfica dentro da Xermania, mais apunta que, xunto con outras seis tribos, adoraban á raíña coñecida como [[Nerthus]], cuxo santuario estaba situado "nunha illa no océano".