Marta cibelina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 73:
Segundo o libro de Atkinson ''Travels in Asiatic Russia'', a rexión do [[río Barguzin]], no [[lago Baikal]], era famoso polas súas martas cibelinas. A pel desta poboación ten pelos dunha intensa cor negra con punta branca. Os cazadores pedían ás veces de 80 a 90 dólares por unha soa pel.<ref name="trapper"/> A pel de marta cibelina seguiu sendo a pel favorita en Rusia, ata o dscubrimento da pel de [[Enhydra lutris|londra mariña]] na península de Kamchatka, cuxa pel era considerada aínda máis valiosa.<ref name="siberia"/> As peles de marta cibelina eran cobizadas pola nobreza do [[Imperio Ruso]], polo que poucas peles saían de Rusia naquel período. Porén, podían conseguirse algunhas a través de comerciantes xudeus, que chegaban anualmente á feira de [[Leipzig]].<ref name="trapper"/> Ás veces, a caza da marta cibelina era un traballo que se lles daba aos convitos exiliados en Siberia.<ref name="zoo"/>
 
As compañías de peles da Rusia imperial producían 25.000 peles anualmente, e case as 9 décimas partes eran exportadas a [[Francia]] e [[Alemania]]. As roupas cívicas do Alcalde maior e Corporación de [[Londres]], que se utilizaban en ocasións especiais estaban ribeteadas de pel de marta cibelina.<ref name=friend>''The Friend: A Religious and Literary Journal'', Volume 32, 1859</ref> Igual que se fai cos visóns e as martas, as martas cibelinas captúranse normalmente con trampas de aceiro.<ref name="trapper"/> A intensificación da caza en Rusia nos séculos XIX e XX causou un grave declive no número de peles ata o punto en que se decretou unha prohibición da súa caza por un período de cinco anos en 1935, seguido por período de caza con licencia limitada no inverno. Estas restricións xunto co desenvolvemento de granxas de cría de martas cibelinas e reintroducións<ref name="martens"/> fixeron que as cibelinas recolonizasen gran parte da súa área de distribución anterior e alcanzasen poboacións máis numerosas.<ref name=grizimek>(1990) Grizimek's Encyclopedia of Mammals Volume 3. New York: McGraw-Hill.</ref>
 
A [[Unión Soviética]] permitiu que as comunidades denominadas de [[Vellos crentes]] continuasen o seu modo tradicional de vida a condición de que entregasen todas as peles de marta cibelina que producisen.<ref>''Lost and Found in Russia: Encounters in a Deep Heartland'' de Susan Richards, publicada por I B Tauris & Co Ltd. (13 de maio de 2009), ISBN 1-84885-023-9</ref> A [[disolución da Unión Soviética]] levou a un incremento da caza e do furtivismo na década de 1990, en parte porque as peles rusas de animais silvestres eran consideradas as máis luxosas e as que alcanzaban maiores prezos no mercado internacional.<ref>{{cite news | last = Tyler | first = P. E. | title = Behind the $100,000 Sable Coat, a Siberian Hunter | work = The New York Times | date = 2000-12-27 | url = http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9802E6DA1038F934A15751C1A9669C8B63}}</ref> Actualmente, a [[IUCN]] non lle asignou á especie un estado de conservación especial, aínda que a subespecie xaponesas illadas ''M. zibellina brachyurus'' está na categoría de "datos deficientes".<ref name=iucn/>