Adán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Judcosta (conversa | contribucións)
m →‎Islamismo: engado ligazóns
Liña 7:
 
== Caída ==
[[Ficheiro:Adam and Eve, Sistine Chapel.jpg|miniaturadaimagem|Expulsión do xardín do Edén, [[Michelangelo]]]]
Mais unha serpe convenceu a Eva que comer da árbore prohibida non levaría á morte, senón a que " que se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal" (Xénese 3:4), Eva come da árbore e dálle logo a Adán para que tamén comera. Ao se decatar Deus que perdera a inocencia por comer da árbore prohibida díxolle ao home "por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas" (Xénese 3, 17)... "comerás o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito ti es po e ao po tes que volver" (Xénese 3, 19). E expulsounos do Edén.
 
Liña 16:
 
=== Xudaísmo ===
Nos escritos rabínicos e nos [[rolos do Mar Morto]], Adán foi creado na forma dun home con atributos fantásticos e gloriosos, mais perdeu todos eses atributos ao ser expulsado do Edén.<ref>FREEDMANFreedman, David (2000) ''Eerdmans Dictionary of the Bible'', Cambridge:Eerdmans</ref> Segundo unha crenza tradicional xudía soterrouse na [[Tumba dos Patriarcas]] en [[Hebrón]]; segundo outra, que gañou máis forza durante a [[Idade Media]], cando o estudo da [[cábala]] tornouse ben prestixioso, Adán tivo unha primeira muller, identificada polo nome [[Lilit]], que Deus creou á vez ca el.<ref>{{cita libro|lingua=inglés|título=The Book of Lilith|nome=Barbara|apelidos=Black Koltuv|editorial=Nicolas-Hays|ano=1986|lugar=Berwick|páxina=97}}</ref>
 
=== Cristianismo ===
Segundo [[Agostiño de Hipona]] o [[pecado orixinal]] de Adán e Eva foi un acto de necidade seguido de orgullo e desobediencia a Deus. A árbore era o símbolo da orde da creación, polo que se fallou no recoñecemento e respecto ao mundo tal como o creara Deus, coa súa xerarquía, pero eles non caerían se [[Satanás|Satán]], representado pola serpe, non introducise neles a raíz do demo. A súa natureza alterouse cola concupiscencia ou libido, que afectou á intelixencia, á vontade, os afectos e os desexos, incluído a aparición do desexo sexual.
 
=== Islamismo ===
[[Ficheiro:Manafi al Hayawan 001.jpg|miniaturadaimagem|150px|Miniatura persa de fins do [[século XIII]] representando a Adán e Eva]]
Segundo o [[islam]], Adán construíu o primeiro altar a Deus, e uns dous mil anos despois o seu descendente [[Abraham]], coa axuda do seu fillo [[Ismael]], reconstruíuno, coñecéndose hoxe en día como a [[Kaaba]], situada na [[A Meca|Meca]], a [[mesquita]] máis importante do islam.
== Notas ==