Diferenzas entre revisións de «Fundaçom Artábria»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
En [[1992]], colabora na edición da ''História da Língua em Banda Desenhada'', en colaboración con outros colectivos locais reintegracionistas que nese ano existían en [[Santiago de Compostela]] (Assembleia Reintegracionista de Bonaval), [[Vigo]] (Associaçom Cultural V Irmandade), [[Ordes]] (Associaçom Reintegracionista de Ordes), [[comarca do Salnés|O Salnés]] (Clube Reintegracionista do Salnês), [[A Estrada]] (Sociedade Cultural Marcial Valadares) e [[Ourense]] (Grupo Reintegracionista Meendinho). Este último era o principal impulsor da iniciativa editorial, xunto ao ''Colectivo Pestinho-Frente Comixário'' (tamén de [[Ourense]]). A edición de 3.000 exemplares ficou esgotada en pouco tempo{{Cómpre referencia}}.
 
Alén da xa referida colaboración na ''História da Língua em Banda Desenhada'', a Fundaçom Artábria publicou, na etapa anterior á súa transformación en asociación, en [[1995]], un novo volume en formato de [[cómic]]: a ''História da Galiza em Banda Desenhada'', con guión de Maurício Castro e Gonçalo Grandal, e debuxos de Leandro Lamas, con asesoramento histórico do arqueólogo municipal de Narón André Pena. Foron editados 4.000 exemplares{{Cómpre referencia}}, contando coa colaboración doutras entidades culturais e reintegracionistas, como o Grupo Reintegracionista Meendinho, a Assembleia Reintegracionista de Bonaval, A Gente da Barreira ([[Ourense]]), Asociación Cultural Auriense (Ourense), Frente Comixário, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado ([[Salvaterra de Miño]]), [[Associaçom Galega da Língua]], Associaçom Cultural Vª Irmandade, Renovação (colectivo galego de emigrantes en [[Madrid]]), Associaçom Cultural Aloia (colectivo galego de emigrantes en [[Cataluña]]) e Associaçom Civil de Amigos do Idioma Galego (colectivo galego de emigrantes na [[Arxentina]]).
 
Xa en [[1998]], coincidindo coa troco de denominación a Fundaçom e a apertura dun local en Ferrol, a Artábria edita o ''Manual de Iniciaçom à Língua Galega'', da autoría de Maurício Castro, presidente da entidade nese momento. No ano seguinte, en [[1999]], a Fundaçom Artábria publicou o poemario ''Gong'', primeira obra publicada do escritor [[Carlos Quiroga]]. ''O Saltom Astronauta'' foi un conto infantil editado en formato electrónico. A autoría dos textos é de P. Pablo Patinho con debuxos de [[Leandro Lamas]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artabria.net Blog da Fundaçom Artábria]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Asociacións culturais de Galicia]]
393.002

edicións