Ramiro II de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-reinado[ ]*= +reinado0=); cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 41:
En [[xuño]] de [[931]], a morte de Onega, esposa de Afonso IV, some a este nunha grande depresión e chama ao seu irmán Ramiro para que se faga cargo do trono leonés, manifestando a súa intención de retirarse ao Mosteiro de [[Sahagún, León|Sahagún]] para practicar a oración.
 
== Comezo do reinado0reinado ==
Ramiro fíxose coroar en León, segundo a ''Nómina Leonesa'', o [[6 de novembro]] de [[931]]. En [[932]], o novo rei trasladouse a Zamora con obxecto de armar un grande exército para socorrer á cidade de Toledo, que lle pediu axuda contra [[Abderramán III]]. Con todo, por entón Afonso IV xa se arrepentira da súa renuncia ao trono, polo que se trasladou a León cos seus partidarios para recuperar o poder. Decatado Ramiro II de tales movementos por mensaxe do bispo Oveco, a quen encomendara o goberno na súa ausencia, marchou sobre León coas súas tropas e fixo deter e encerrar nun calabozo ao seu irmán.