Johann Heinrich Pestalozzi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:

=== Como [[socioloxía|sociólogo]] ===
Pestalozzi, tanto polos seus escritos como por toda a súa actuación, é un home da Ilustración, un perfecto e ilustre representante da mesma en tódolos aspectos. En política, adhírese expresamente ó [[Despotismo Ilustrado]] na obra: ''Ó bo talante, a seriedade e a fidalguía da miña época e da miña patria''(1815). En ''Leonardo e Gertrudis'', e en escritos posteriores, sempre presenta a educación como o medio de superar a pobreza do pobo e de conducilo á felicidade e á virtude (outro ideal da Ilustración).
Como home Ilustrado, Pestalozzi postulaba unha relixión sen dogmas revelados nin teoloxías de Igrexa, ás que chamaba "superstición". Para el a relixión residía nos sentimentos do corazón humano e, igual que para Kant, tiña como función moralizar áa persoa e áa humanidade: a verdadeira relixión é a das boas obras, non a do culto.
Por outra parte, Pestalozzi era un cristián [[protestante]] convencido e devoto, practicante e cheo dunha piedade que inculcaba ós seus alumnos e que expresou en moitos dos seus escritos.

=== Como [[filantropía|filántropo]] ===
Liña 15:
O interese que tiña pola sociedade e o seu bo funcionamento levou a Pestalozzi a ocuparse da política, na que participou activamente nalgunhas ocasións:

•Na súa mocidade, afiliouse a unha sociedade patriótica e se implicouimplicouse nas súas actuacións.
•Colaborou co Goberno instaurado en [[Suíza]] pola Revolución de 1798, facendo comprender ó pobo a necesidade da mesmadesta e das medidas gobernamentais tomadas.
•Foi membro dunha delegación que en 1802 visitou a [[Napoleón]] para ratificar a nova Constitución que este impuña a Suíza.

Liña 23:

=== Como [[antropoloxía|antropólogo]] ===
Pestalozzi cultivou unha [[Antropoloxía Social]], sobre a que asenta as bases das súas concepcións políticas e sociais, e unha [[Antropoloxía Persoal]], que lle serve para saber como orientar a educación das persoas. Na práctica, ambos os tipos de Antropoloxía veñen implicados o un no outro, xa que o comportamento humano é, en gran parte, un comportamento social.

=== Como [[literatura|literato]] ===
Pestalozzi foi un escritor profesional e, como tal, desempeñou unha actividade literaria, en varios aspectos. Na súa revista ''Unha folla suíza'', que publicou regularmente durante un ano, ten artigos de contido cultural e frecuentemente inserta tamén poesías. Ocasionalmente cuidoucoidou moito a forma estética dos seus escritos, como o titulado ''Epístola a Friné sobre a amizade'' (1782), no que fai gala dun belo estilo literario. Ocórrelle o mesmo en certos momentos, nos que -por exemplo- describe un solpor nun val ou un sentimento relixioso no corazón humano.
As obras propiamente literarias de Pestalozzi son dúas. Unha, a primeira parte de ''Leonardo e Gertrudis'', libro este que se pode considerar tamén unha novela costumista, na que o autor presenta e describe uns personaxes populares moi característicos e, sobre todo, pon nas súas bocas unha linguaxe coloquial cheochea de frescura rural e de modismos dialectais. Con razón, o seu autor chámao "un libro do pobo" (e a ''Cristóbal e Elsa'', fecitfeito no mesmo estilo, un "segundo libro do pobo"). O grangrande éxito popular desta obra de Pestalozzi debeuse, sobre todo, a esta característica estilística.

=== Como [[pedagoxía|pedagogo]] ===
A pedagoxía de Pestalozzi céntrase na educación infantil e escolar e, desde 1811, el e os seus colaboradores mencionan o sistema pestalozziano co nome de "educación moi elemental". Consiste en facer que o proceso de crecemento humano (sensitivo, intelectual e moral) siga o curso evolutivo da natureza do neno, sen adiantarse artificialmente óa mesmoeste. A educación é vista como unha "axuda" que se dá ó neno neste proceso para que se realice ben, e a actividade educativa e docente é vista como unha "arte".

=== Como didacta ===
O máis típico de Pestalozzi, e polo que foi máis coñecido e do que estaba máis orgulloso, foi o seu método de ensino, que el mesmo tratou de divulgar e, de feito, en varios países europeos se fundaronfundáronse escolas pestalozzianas, entre eles España.
Para Pestalozzi, o coñecemento humano comeza coa intuición sensible das cousas, e a partir dela se forman as ideas. Así, tamén o método de ensinanza debe seguir este mesmo proceso, adaptándose ó desenvolvemento mental do neno en cada momento dado. O coñecemento debe avanzar desde unhas intuicións confusas, a unhas ideas claras e distintas.

=== Vida Cultural ===
A súa vida cultural divídese en varias etapas, marcadas polo lugar de estancia.

Con 23 anos chega a [[Neuhof]] (1770-1798), casado e cun fillo. Organiza unha leira de explotación agrícola, que non chega a ter éxito. Entón funda alí unha empresa industrial téxtil con nenos pobres, ós que dá educación e instrución. Poucos anos despois (1780) esta iniciativa tamén fracasa, e entón, para subsistir, adícasededícase á actividade de escritor. Esta función literaria de Pestalozzi dura vinte anos, da que proceden un gran número de obras.

En 1799 múdase a [[Stans]]. Trala [[Revolución Suíza]] de 1798 (unha réplica da [[Revolución Francesa]]), que supuxo un desastre para o cantón do que Stans é capital, o Goberno suízo confía a Pestalozzi (que colaboraba politicamente con el) a educación dos orfos da guerra e dos nenos pobres da rexión. Con esta experiencia, que dura sete meses, Pestalozzi entra no mundo da educación.

Entre 1799 e 1804 vive en [[Burgdorf]]. Comeza a traballar como mestre nunha escola pública, e en 1800 funda unha institución educativa privada (internado) no castelo desta cidade. ConAos tres anos é obrigado a abandonalo, e entón traslada o seu instituto a '''[[Münchenbuchsee]]''', e logo dun ano acepta o ofrecemento da cidade de [[Yverdón]] para trasladalo alí.

En 1801 Pestalozzi expuxo as súas ideas en torno á educación no libro ''Como Gertudis ensina ós seus fillos''. O seu método partía do máis sinxelo ó máis difícil: observación, concienciación e discurso.

En [[Yverdón]] (1804-1825) a institución docente de Pestalozzi acada a súa plenitude e un renome internacional. MercedeMercé á axuda de bos colaboradores vai perfeccionando e difundindo o seu método. Nos últimos anos xorden dificultades no senoseo desta institución, que ocasionan desgustos ó seu fundador. En 1825 péchase o instituto, regresando a Neuhof.

O 14 de decembro de 1814 morrera a súa esposa.
Liña 70:

== Pedagoxía Naturalista ==
Foi un grangrande admirador de [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], levando á práctica o naturismo. Así, nnnon aprendeu a ler ós seus fillos ata os 11 anos.
Consideraba a familia como o núcleo fundamental da educación, e despois dela a escola, e o medio vital e social.
Creou escolas populares, abertas a todo o mundo, rexeneradas con espírito social, non público nin institucional. Deixouse guiar polo seu espírito humanitario, adicándosededicándose ó pobo e ós pobres.

== Un Método: Intuición Global ==
Liña 77:
O seu método baseábase en:
* '''Forma''' (observar, medir, debuxar e escribir): Ensinarlles a distinguir a forma de cada obxecto, as súas dimensións e proporcións.''' ¿Cal é a súa forma?'''.
Enriquecer a memoria dos nenos con explicacións sinxelas de obxectos e materiais.
Ensinar a describir e a decatarse das súas percepcións.
EnsinarEnsinarlle ó neno, por medio do debuxo, a medir tódolos obxectos que se presentan á súa vista e adquirir habilidades para reproducir. Pestalozzi pensou que por medio do debuxo se exercitaba ó neno na súa escritura.
* '''Número''' (relacións métricas e numéricas): EnsinarEnsinarlles ós nenos a considerar cada un dos obxectos que se lles dá a coñecer como unidade, separado daqueles cos que aparece asociado. '''¿Cantos hai?'''. Utilización de táboas con letras, acumuladas de 1 en 1 para que o neno coñecese a relación dos números ó mesmo tempo que aprendía as letras.
Partir das cousas simples antes de avanzar ás máis complicadas.
* '''Nome''': Familiarizalos desde moi pequenos co conxunto de palabras e nomes de tódolos obxectos que van coñecendo. '''¿Como se chama?'''.
O método de Pestalozzi é un método "lóxico", baseado na concepción "analítica e sistemática" da ensinanza e a aprendizaxe.

== Finalidade da Educación ==
* Conseguir que o home acade a perfección (desenvolvemento das capacidades humanas)
* A humanización do home é a fin da educación.
* TripleTripla actividade:
** Espírito: vida intelectual
** Corazón: vida moral
Liña 107:
== Aspectos Xerais da Educación ==
* Pór en práctica o método de ensinar a uns por medio doutros, debido ó gran número de nenos.
* A ensinanza de ambos os sexos (coeducación).
* Importancia da educación creativa e produtiva.
* Ensinanza de moral e relixión, que se debe iniciar na familia.
Liña 114:
* A práctica da escola-traballo, combinando a ensinanza da lectura, escritura, cálculo, debuxo, moral e relixión coas actividades agrícolas.

== AportesContribucións á Educación Preescolar ==
Con Pestalozzi a pedagoxía comeza a ver óo neno dun xeito diferente. SitúaosSitúao nunha verdadeira relación coa natureza e a cultura. Malia que a súa ensinanza se basea nunha educación elemental, as súas influencias tamén atinxen á Educación Preescolar.
* Dáballe importancia ó desenvolvemento do neno.
* Puxo en práctica a organización de experiencias e actividades por medio do xogo.