Mandorla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engado referencias e ligazóns
Sen resumo de edición
Liña 5:
A '''mandorla'''<ref>{{DRAG|mandorla}}</ref> (ou '''''vesica piscis''''') é un símbolo ou un [[Auréola|halo]] de xeito oval no que están inseridos personaxes sagrados da [[Cristianismo|relixión cristiá]], sendo o máis común [[Xesús de Nazaret|Cristo]], mais tamén a [[Virxe María|Virxe]] ou os santos<ref>{{Cita libro|título=Enfoques Actuales en la Didáctica de las Matemáticas|apelidos=Azcárate Goded|nome=Pilar et alii|editorial=Secretaría General Técnica, Ministerio de Educación y Ciencia|ano=|ISBN=84-369-4287-6|páxina=42|páxinas=|ref=}}</ref>. Empregouse, principalmente, na [[arte románica]] e [[Arte bizantina|bizantina]]<ref>{{Cita libro|título=Dictionary of Symbols|apelidos=Liungman|nome=Carl G.|editorial=W.W.norton|ano=1991|ISBN=0-393-31236-4|páxina=287|ref=}}</ref>, sendo os exemplos máis antigos da arte paleocristiá do século V<ref>{{Cita libro|título=Símbolos en el arte cristiano. Breve diccionario ilustrado|apelidos=Úzquiza ruiz|nome=Teodoro|editorial=Sembrar|ano=2012|ISBN=978-1-4716-4306-4|lugar=Burgos|páxina=179|ref=}}</ref>.
 
A palabra mandorla vén do italiano ''mandorla'', que significa "améndoa". Nalgunhas linguas tamén se coñece co nome de "améndoa mística"<ref>{{Cita libro|título=Frutos secos, salud y culturas mediterráneas|apelidos=Salas-Salvadó|nome=Jordi|editorial=Glosa|ano=2005|ISBN=84-7429-253-0|apelidos2=Ros Rahola|nome2=Emilio|apelidos3=Sabaté Casellas|nome3=Joan|páxina=67|ref=}}</ref><ref name=":0">{{Cita libro|título=Metamorphosis: The Transfiguration in Byzantine Theology and Iconography|apelidos=Andreopoulos|nome=Andreas|editorial=St.Vladimir's Seminary Press|ano=2005|ISBN=0-8141-295-3|páxina=84|ref=|ignore-isbn-error=true}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Diccionario técnico Akal de conservación y restauración de bienes culturales|apelidos=Rico|nome=Lourdes|editorial=Akal|ano=2003|ISBN=84-460-1227-8|apelidos2=Martínez|nome2=Celia (dirs.)|lugar=Madrid|páxina=359|lingua=|ref=}}</ref>. Igualmente, emprégase tamén a expresión latina '''''[[vesica piscis''']]'' (vexiga de peixe) e consiste nun símbolo fixo con dous círculos do mesmo radio que se intersectan de xeito que o centro de cada círculo está na circunferencia do outro.
 
== Historia ==
A mandorla, como forma simbólica, provén dun elemento arquitectónico romano que introducía os personaxes representados dentro dun círculo ou medallón, denominado [[Clípeo (escudo)|''clípeo'']], que daba lugar á chamada "''imago clipeata''".<ref name=":0" /> O medallón, que amosa o retrato do defunto nun epitafio incorporouse rapidamente aos [[Sartego|sartegos]] cristiáns.
 
O mesmo motivo é atopado na [[iconografía]] da [[arte bizantina]] ortodoxa, como na icona da [[Transfiguración de Xesús|Transfiguración]], na baixada ao limbo ou a icona de [[Pantocrátor|Cristo Pantocrátor]] (mandorla tripla). Na icona da Natividade, a Virxe está representada tamén nunha mandorla, que foi confundida co seu leito. Pola contra, na icona da Dormición da Virxe, xa non está nunha mandorla senón que é a súa alma á que vén recoller Cristo nunha mandorla. Tamén aparece no [[Mosteiro do Monte Sinaí]] ([[Exipto]]) onde aparece no único [[mosaico]] encargado por [[Xustiniano I|Xustiniano]] fóra de [[Roma Antiga|Roma]], entre o [[549-]] e o [[564]].<ref>{{Cita libro|título=Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura|apelidos=Hartt|nome=Frederick|editorial=Akal|ano=1989|ISBN=84-7600-411-7|serie=Arte y Estética|páxina=336|ref=}}</ref>
 
En [[Francia]], unha das mandorlas máis antiga aparece nun sartego [[Dinastía Merovinxia|merovinxio]] na [[cripta]] da Jouarre. Na cabeceira do sartego de san Agilbert, atópase unha das catro formas cristalinas diferentes en torno a unha ''[[Maiestas Domini]]'' nunha mandorla. Os escultores do [[Século VII|século VII]], fixaron a imaxe de Cristo como un rapaz novo, sen barba, cunha representación próxima ás representacións bizantinas<ref>{{Cita web|url=http://www.turismo77.es/heritage-culture-france/religious-heritage/abbey-jouarre.htm|páxina-web=|título=Imaxe|data-acceso=28-11-2016}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.abbayejouarre.org/index.php?option=com_content&view=article&id=31&Itemid=206|páxina-web=|título=Páxina actual do Patronato de Cultura de Jouarre|data-acceso=28-11-2016|lingua=fr}}</ref>.