Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 58:
| nota2= Os Estados Unidos de América non teñen lingua oficial, mais considérase [[de facto]] que é o [[lingua inglesa|inglés]]. Son 28 os estados que teñen recoñecido ao inglés como lingua oficial, aínda que no resto tamén funciona como lingua da administración e do goberno, só o [[lingua hawaiana|hawaiano]] goza de carácter oficial en Hawai. En Luisiana o [[lingua francesa|francés]] ten certo recoñecemento oficial e en [[Novo México]] o [[lingua castelá|castelán]].
}}
Os '''Estados Unidos de América''' (abreviado '''EUA'''<ref>{{DRAG|pensilvano}}</ref> e '''EEUU'''<ref>{{DRAG|guerra}}</ref><ref>{{DRAG|bostoniano}}</ref>; en [[lingua inglesa|inglés]]: ''United States of America'', abreviado '''USA''' ou '''US''') é un [[federación|estado federal]]<ref>{{cita libro |título=The New York Times Guide to Essential Knowledge, Second Edition: A Desk Reference for the Curious Mind |ano=2007 |publisher=St. Martin's Press |isbn=978-0-312-37659-8 |páxina=632}}</ref><ref>{{cita libro |apelido=Onuf |nome=Peter S. |título=The Origins of the Federal Republic: Jurisdictional Controversies in the United States, 1775–1787 |ano=1983 |publisher=University of Pennsylvania Press |localización= Philadelphia |isbn=978-0-8122-1167-2}}</ref> composto por 50 [[Estados dos Estados Unidos da América|estados]] e un [[Washington, DC|distrito federal]]. 48 deles están situados entre [[Canadá]] (ó norte), o [[océano Atlántico]] (ó leste), o [[golfo de México]] e [[México]] (ó sur) e o [[océano Pacífico]] (ó oeste). O estado de [[Alasca]] está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de [[Hawai]] é un [[arquipélago]] no medio do [[Océano Pacífico|Pacífico]]. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no [[Caribe (rexión)|Caribe]]. Con 9,85 millóns de km<sup>2</sup><ref name="State and other areas"/> e 318 millóns de persoas, Estados Unidos é o [[Lista de países por superficie|terceiro ou cuarto meirande país por área total]] e o [[Lista de países por poboación|terceiro país por poboación]]. É un dos países máis [[Multiculturalismo|multiculturais]] e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países.<ref name="DD">Adams, J.Q.; Strother-Adams, Pearlie (2001). ''Dealing with Diversity''. Chicago: Kendall/Hunt. ISBN 0-7872-8145-X.</ref> A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.
 
Os [[paleoamericano|paleoindios]] migraron dende [[Eurasia]] ata os actuais Estados Unidos hai 15&nbsp;000 anos,<ref name=earliest>{{cita novas|title=Who was first? New info on North America's earliest residents|url=http://articles.latimes.com/2012/jul/12/science/la-sci-sn-paisley-caves-20120712|newspaper=Los Angeles Times|location=California|publisher=Los Angeles Times|date=12 de xullo de 2012|first=Thomas H.|last=Maugh II|accessdate=25 de febreiro de 2015}}</ref> e a [[Colonización europea de América|colonización europea]] comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das [[Trece Colonias|Trece Colonias Británicas]] localizadas na [[Costa Leste dos Estados Unidos de América|Costa Atlántica]]. As disputas entre o [[Reino de Gran Bretaña]] e as colonias levaron á [[Revolución Americana]]. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na [[Guerra da Independencia dos Estados Unidos|Guerra de Independencia]], os delegados das 13 colonias asinaron a [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América|Declaración de Independencia]]. A guerra rematou en 1783 co [[Tratado de París (1783)|recoñecemento de independencia dos Estados Unidos]] dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo.<ref>Greene, Jack P.; Pole, J.R., eds. (2008). ''A Companion to the American Revolution''. pp. 352–361.</ref><ref>{{cita libro |autor=Bender, Thomas |título=A Nation Among Nations: America's Place in World History |url= http://books.google.com/books?id=wQHlrIz4gpYC&pg=PA61 |ano=2006 |publisher=Hill & Wang |localización=Nova York |páxina=61 |isbn=978-0-8090-7235-4}}</ref> A actual [[Constitución dos Estados Unidos de América|Constitución]] foi adoptada o [[17 de setembro]] de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente [[Carta de Dereitos dos Estados Unidos de América|Declaración de Dereitos]], foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.