Escola franco-flamenga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse a epígrafe "Notas".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha nota (proveniente da versión en italiano).
Liña 17:
 
== As cinco xeracións da escola francoflamenga ==
Na produción flamenga do sécilo XVI, adóitase facer unha distinción de cinco períodos ou xeracións, separados por arredor de vinte anos e cada un asociado ao nome de un ou máis compositores importantes.<ref>Mario Carrozzo, Cristina Cimagalli. ''Storia della musica occidentale''. Volume 1. Armando Editore. 2008. Páxinas 173-180.</ref>
* A prim''e''ira xeración (1420-1450), tamén coñecida como [[escola de Borgoña]], foi dominada por [[Guillaume Dufai|Guillaume Dufay]], [[Gilles Binchois]] e [[Antoine Busnois]]. Esta xeración marca unha ruptura con música medieval. Á sucesión de cuartas, quintas e oitavas, que marcaran a música da época, eles preferiron as superposicións de terzas e sextas.
* A segunda xeración (1450-1485), da cal [[Johannes Ockeghem]] foi o compositor máis importante, está marcada polo desenvolvemento dos [[Motete|motetes]], que pasan a ser as composicións preferidas de experimentación co [[contrapunto]].