Rainer Maria Rilke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
poxa
Liña 43:
En novembro de 1912 Rilke viaxou a [[España]], visitando [[Toledo]], [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Sevilla]] e estando dous meses en [[Ronda, Málaga|Ronda]], onde traballou na Sexta das ''Duineser Elegien''.
 
O inicio da [[Primeira Guerra Mundial]] sorprendeuno en Alemaña. Non puido regresar a París, onde as súas propiedades foron confiscadas e subhastadasvendidas nunha poxa por ser súbdito dun país inimigo. Pasou a maior parte da guerra en Múnic. Entre 1914 e 1916 mantivo un turbulento romance coa pintora [[Lou Albert-Lasard]].
 
A comezos de [[1916]] foi chamado a filas, e viuse obrigado a incorporarse ao exército [[Imperio austrohúngaro|austrohúngaro]] en [[Viena]]. Amigos influentes intercederon por el e o 9 de xuño dese mesmo ano foi dispensado do servizo militar. Regresou a Múnic, onde permaneceu até o final do conflito, cunha breve estancia en [[Bieren]] ([[Westfalia]]) en casa de Hertha König. A traumática experiencia do servizo militar, que lle lembrou a época de formación na Escola Militar de Sankt Pölten, estivo a piques de acabar coa súa carreira como poeta.