Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-ptolemaico +tolemaico)
m Bot: Substitución automática de texto (-ptolemaica +tolemaica)
Liña 229:
[[Ficheiro:Galileo.arp.300pix.jpg|miniatura|esquerda|[[Galileo Galilei]].]]
 
En [[1609]] construíu o anteollo ocular diverxente e iniciou o estudo dos astros. Apreciou a natureza accidentada da superficie da Lúa e chegou a medir a altura dalgunha das súas montañas. Descubriu 4 satélites de [[planeta|Xúpiter]], o anel de [[planeta|Saturno]], as manchas e a rotación do Sol, as fases de [[planeta|Venus]] e numerosas estrelas descoñecidas até entón. Todas estas novidades viñan a corroborar as ideas de [[Copérnico]], das que Galileo se declarou decidido partidario. Até aquel momento a teoría copernicana non suscitara demasiadas preocupacións na igrexa romana. Pero Galileo sostiña a tese de que os designados naquela época "matemáticos" (Copérnico e el mesmo) pretendían falar en tanto que "filósofos", isto é, en termos de realidade, non de simples hipóteses de traballo. E en [[1632]], data de publicación do seu fundamental libro ''Dialogo sopra due massimi sistemi del mondo, tolemaico e copernicano'' (Diálogo sobre os dous máximos sistemas do mundo, o tolemaico e o copernicano), no que nega a inmobilidade da Terra, que non só contradicía as opinións aristotélicas e ptolemaicastolemaicas sobre o mundo, profundamente enraizadas na ensinanza oficial —que dependía naquel tempo case por enteiro da Igrexa—, senón que se opoñía tamén aos relatos bíblicos sobre a orixe do mundo interpretados de maneira literal. Foi denunciado á Inquisición, perante a cal compareceu en [[1633]]. O proceso durou vinte días, e nel Galileo a penas se defendeu. Foi obrigado a pronunciar de xeonllos a abxuración da súa doutrina <ref>A tradición conta que, ao se levantar, golpeou o chan co pé dicindo: ''Eppur, si muove'' (e porén, móvese)</ref> e condenado á excomuñón e a reclusión perpetua, incluíndose o seu libro no Índice. Foi autorizado a retirarse a Arcetri, preto de [[Firenze|Florencia]], onde permaneceu ata a súa morte.
 
Máis tarde [[Johannes Kepler]] desenvolvería as leis empíricas dos movementos dos corpos celestes, mentres que [[Huygens]] describía a [[forza centrífuga]]. [[Isaac Newton]] unificaría estas achegas descubrindo a [[Gravidade|gravitación universal]].