Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética)
 
[[Ficheiro:Ptolemaic system 2 (PSF).png|miniatura|300px|Modelo ptolomeico.]]
Na [[época helenística]] (século II d.C.), [[PtolomeoTolomeo]], en [[Alexandría]], na súa obra coñecida como ''[[Almaxesto]]'' impón a [[teoría xeocéntrica]] do universo. Esta teoría supoñía á Terra inmóbil e situada no centro do universo, e xirando ao redor dela, en pequenos círculos, a Lúa. Mercurio, Venus e o Sol, por esta orde, e todo isto debaixo dunha bóveda de estrelas fixas. Nesta época, pero uns douscentos anos máis tarde, destaca tamén [[Hipatia]] de Alexandría, considerada como a primeira muller científica da historia (matemática e filósofa), e unha das derradeiras representantes do [[neoplatonismo]]; o seu pensamento filosófico (e a súa negativa a converterse ao cristianismo) suscitou as iras do patriarca de Alexandría, Cirilo, de xeito que a astrónoma foi asasinada por unha turba de cristiáns, segundo se di (sen probas) instigados por Cirilo. Así que o sistema xeocéntrico, "doutrina oficial", chegou a converterse practicamente nun dogma, e perdurou até finais da Idade Media, debido á grande influencia que exercían as concepcións relixiosas, que condenaban -a causa dunha interpretación literal da [[Biblia]]- calquera idea que se afastase do modelo xeocéntrico. Por outra parte, PtolomeoTolomeo reuniu un catálogo con máis de 1 000 astros.
 
A [[civilización romana]] realizou escasas achegas á ciencia astronómica, xa que practicamente se limitou a conservar os coñecementos adquiridos. Así, a obra dos grandes astrónomos antigos que acumulaba nas súas bibliotecas pasaron a [[Bizancio]] ou [[Constantinopla]] (capital do [[Imperio romano de Oriente]]), de onde chegaron ás mans dos árabes.
A grande escala, o universo está formado por [[galaxia]]s e agrupacións de galaxias. As galaxias son agrupacións masivas de [[estrela (astronomía)|estrelas]], e son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia no universo. A través do telescopio maniféstanse como manchas luminosas de diferentes formas. Á hora de clasificalas, os científicos distinguen entre as galaxias do [[Grupo Local]], composto polas trinta galaxias máis próximas e ás que está unida gravitacionalmente a nosa galaxia (a [[Vía Láctea]]), e todas as demais galaxias, ás que chaman "galaxias exteriores".
 
As galaxias están distribuídas por todo o universo e presentan características moi diversas, tanto no que respecta á súa configuración como á súa antigüidade. As máis pequenas abarcan ao redor de 3000 millóns de estrelas, e as galaxias de maior tamaño poden chegar a abarcar máis dun billón de astros. Estas últimas poden ter un diámetro de 170 000 anos luz, mentres que as primeiras non adoitan exceder dos 6000 anos luz.
 
Ademais de estrelas e as súas astros asociados (planetas, asteroides, etc...), as galaxias conteñen tamén [[medio interestelar|materia interestelar]], constituída por po e gas nunha proporción que varia entre o 1 e o 10  % da súa masa.
 
Estímase que o universo pode estar constituído por uns 100 000 millóns de galaxias, aínda que estas cifras varían en función dos diferentes estudos.
393.002

edicións