Diferenzas entre revisións de «Rāmāyaṇa»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
m (→‎Lectura crítica: Arranxos varios using AWB)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo))
O ''Rāmāyaṇa'' conta o nacemento e educación do príncipe [[Rāma]] que é o sétimo [[avatar (hinduísmo)|avatar]] do deus [[Vishnu]], a conquista de [[Sîtâ]] e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.
 
Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en [[Ayodhya]], acompañado por Sîtâ e o seu irmán [[Lakshmana]]. Logo o demo [[Râvana]] rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de [[Sri Lanka]], pero que algúns autores como [[Louis Frédéric]] sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a ''[[Heptanesia]]'' de [[PtolomeoTolomeo]] – que están no orixe da cidade de [[Mumbai]]). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de [[Hanuman]], xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.
 
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a [[Rāma]] levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán [[Valmiki]] (personaxe que a tradición identifica como o autor do ''Rāmāyaṇa''). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.
393.002

edicións