Teoría heliocéntrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Liña 6:
O heliocentrismo xa fora descrito na antigüidade por Aristarco de Samos, quen se baseou en medidas sinxelas da distancia da [[terra]] ao sol, que determinaban un tamaño do Sol moito maior que o do noso planeta. Por esta razón Aristarco propuxo que era a terra quen viraba ao redor do sol e non á inversa, sendo o primeiro propoñente do modelo heliocéntrico.
 
Posteriormente a teoría heliocéntrica foi proposta por Nicolao Copérnico en [[1543]], na súa obra ''[[De Revolutionibus Orbium Coelestium]]''. Marcou o comezo dunha revolución na astronomía, desbancando a [[teoría xeocéntrica]] de [[Claudio PtolomeoTolomeo]], que situaba a [[Terra]] no centro do [[Universo]].
 
Nicolao Copérnico revolucionou a [[ciencia]] ao postular que a terra e os demais planetas viran en torno a un sol estacionario. Copérnico adoptou a revolucionaria idea dunha terra en movemento para resolver o problema planetario que, segundo opinaba, non estaba satisfactoriamente resolto. No sistema heliocéntrico resultaba moito máis sinxelo realizar o cálculo correcto das posicións planetarias, e por iso Copérnico rompeu cunha tradición de máis de 2.000 anos dunha terra en repouso.
Liña 40:
=== Outros artigos ===
* [[Aristarco de Samos]]
* [[Claudio PtolomeoTolomeo]]
* [[Nicolás Copérnico]]
* [[Galileo Galilei]]