Diferenzas entre revisións de «Pedra de Rosetta»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/revogar)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo))
A '''pedra de Rosetta''' é unha [[estela]] [[Antigo Exipto|exipcia]] da época [[Historia do Exipto greco-romano|ptolemaica]] que contén un texto en tres tipos de escrita e a súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos [[xeróglifo exipcio|xeróglifos exipcios]] antigos. Grazas a [[Thomas Young]], [[Jean-François Champollion]] e outros estudosos do [[Antigo Exipto]], hoxe pode ser considerada como unha xoia na historia da linguaxe e a transcrición.
 
É unha peza de [[granito]] negro, cunha inscrición bilingüe ([[lingua grega|grego]] e [[lingua exipcia|exipcio]]) dun [[decreto]] de [[PtolomeoTolomeo V]], en tres formas de escrita: xeroglífica, [[demótico exipcio|demótica]] e [[uncial|grego uncial]] (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.
 
== Historia ==
''Basileyontos toy neoy kai paralabontos tén basileian para toy patros kiryoy...'' "O novo rei, tendo recibido o reino do seu pai...".
 
Narra unha sentenza de PtolomeoTolomeo V, describindo varios impostos que revogara, ordenando ademais que o ronsel se erixise e que o decreto fose publicado na linguaxe dos deuses (jeroglíficos), e na escritura da xente (demótica).
 
Tradicionalmente pensábase que o decreto escrito na Pedra de Rosetta foi ideado en demótico polos sacerdotes de [[Menfis (Egipto)|Menfis]] cara ao ano [[-197|197 adC]]; pero os últimos estudos de expertos en demótico comprobaron que a inscrición orixinal foi composta en grego e traducida posteriormente ao demótico, aínda que ás veces pouco fielmente.
=== Tradución dun anaco do texto da pedra de Rosetta ===
 
<Cite>"Baixo o reinado do mozo que recibiu a soberanía do seu pai, señor das insignias reais, cuberto de gloria, o instaurador da orde en Exipto, piadoso cara aos deuses, superior aos seus inimigos, que restableceu a vida dos homes, Señor da Festa dos Trinta Anos, igual que Hefaistos o Grande, un rei como o Sol, gran rei sobre o Alto e o Baixo país, descendente dos deuses Filopáteres, a quen Hefaistos deu aprobación, a quen o Sol deulle a vitoria, a imaxe viva de [[Zeus]], fillo do Sol, PtolomeoTolomeo, vivindo por sempre, amado de [[Ptah]]. No ano noveno, cando Aetos, fillo de Aetos, era sacerdote de Alejandro e dos deuses Soteres, dos deuses Adelfas, e dos deuses Evergetes, e dos deuses Filopáteres, e do deus Epífanes Eucharistos, sendo Pyrrha, filla de Filinos, athlófora de Berenice Everxetes; sendo Aria, filla de Diógenes, canéfora de Arsínoe Filadelfo; sendo Irene, filla de PtolomeoTolomeo, sacerdotisa de Arsínoe Filopátor, no (día) cuarto do mes Xandikos (ou o 18 de Mejir dos exipcios)".</Cite>
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións