Illas Andaman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Illas do Índico mediante HotCat
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética
Liña 41:
As '''illas Andamán''' son un grupo de illas no [[Golfo de Bengala]] que forman parte do Territorio Indio das illas [[Andaman e Nicobar]]. [[Port Blair]] é a principal comunidade das illas e a capital administrativa do territorio. A poboación das Andamán en 1991 era de 314.239 persoas.
 
== Xeografía ==
O arquipélago está composto por 204 illas. Están situadas a 950 km da desembocadura do [[río Hooghly]], a 193 km do [[Cabo Negrais]] en [[Birmania]], o punto máis próximo ao continente, e a 547 km do extremo norte de [[Sumatra]]. A lonxitude da cadea de illas é de 352 km e a súa maior anchura 51 km. A área total das illas é de 6.408 km².
 
Liña 50:
As Andamán son o único lugar da [[India]] con [[volcán]]s activos. A [[Illa de Barren]], ao nordés de Port Blair, entrou en erupción no [[1990]] logo de permanecer inactivo durante máis de douscentos anos. En maio de [[2005]] volveu entrar en erupción, probablemente a causa do cambio nas [[placa tectónica|placas tectónicas]] posterior ao [[Terremoto do Océano Índico 2004]].
 
== Flora ==
Unha sección do Departamento de Bosques da India estableceuse nas Andaman en [[1883]], e nos arredores de Port Blair, 400 km² foron destinados para labores de talla que realizaban os convictos. A gran peculiaridade da flora das Andamán é que, salvo na illa Cocos, non se atopan cocos no arquipélago.
 
== Fauna ==
As aves endémicas inclúen o [[Megápodo de Nicobar]] (''[[Megapodius nicobariensis]]'') e as pombas ''[[Ducula aenea nicobarica]]'' e ''[[Chancophaps indica augusta]]. O [[Crocodilo de Auga Salgada]] habita tamén na rexión, así como as tartarugas ''[[Eretmochelys imbricata]]'', ''[[Dermochelys coriacea]]'' e ''[[Lepidochelys olivacea]]''.
 
Liña 60:
Os peixes son moi numerosos e hai moitas especies endémicas. As tartarugas tamén son abundantes e abastecen ao mercado de Calcuta.
 
== Historia ==
Non está claro se algún dos nomes de illas dado por [[Claudio PtolomeoTolomeo|PtolomeoTolomeo]] corresponde coas Andamán, aínda que é probable que así sexa. É posible que a tradición da nomenclatura maríñeira non desaparecese e que ''Agathou daimonos nesos'' fose realmente unha mala interpretación dunha forma parecida a ''Agdaman'', mentres que ''Nesoi Baroussai'' sobreviviu como ''Lanka Balus'', o nome dado polos árabes ás [[Illas Nicobar]]. De forma clara, a primeira vez que aparecen citadas as Illas Andamán foi nunha crónica árabe do [[851]] sobre a [[India]] e [[China]] que influíron notablemente na posterior percepción das illas. A afirmación de que os nativos eran [[canibalismo|caníbales]] persistiu durante moito tempo aínda que os isleños negáseno e probablemente nunca fose certo. As illas son mencionadas brevemente por [[Marco Polo]], quen probablemente as vise sen visitalas, baixo o nome de ''Angamanain'', probablemente un dual árabe, "as dúas Angaman". Marco Polo deu unha visión esaxerada dos nativos dicindo que eran antropófagos con "cara de can".
 
Outra cita vén dada por [[Nicolo Conti]] (aprox. 1440), que explica que o nome significa ''Illa de Ouro'', e fala dun lago que había alí con peculiares virtudes. O nome probablemente derívase do [[Malaio]] ''Handuman'', do antigo ''Hanuman'' (Divos mono). Posteriores viaxeiros repetiron a historia, ben fundada por outra banda, da feroz hostilidade dos habitantes (por exemplo [[Cesar Federici]] ([[1569]]), a crónica vén en ''Ramusio'' e en ''Puchas''). Tamén é interesante o que comentou o Capitán A. Hamilton ([[1727]]).
Liña 81:
O [[26 de decembro]] de [[2004]] as costas das Illas de Andaman e Nicobar foron devastadas por un un [[tsunami]] de 10 metros como consecuencia do [[Terremoto do Océano Índico 2004]].
 
== Os andamaneses ==
[[Ficheiro:Andaman_tribal_and_linguistic_map.jpg|miniatura|300px|Mapa etnolingüistico precolonial das Illas Andamán]]
Un século atrás, os habitantes indíxenas das Andamán vivían da caza, a recolección, a pesca e un pouco de agricultura. Estas son na actualidade as principais formas de subsistencia dos pobos [[Jarawa]], [[Önge]], e [[pobo sentinelese|sentinelese]] da parte sur do arquipélago. Os Andamaneses son delgados, de pel escura, de pelo rizado e parécense fisicamente aos [[Semang]] da [[Península Malaia]] e os [[Aeta]] das [[Filipinas]].
Liña 105:
* [[Illa Sentinela do Norte]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://andaman-islands.tripod.com/ Photos from Andaman Islands] Inclue 100 fotos das illas
* [http://community.webshots.com/user/mp5ingh Snaps of Andaman and Nicobar Islands] Fotos das illas Andamán tomadas por Mahendra Pratap Singh, S/o Shri R.P.Singh
* [http://www.andaman.org/ The Andaman Association, Lonely Islands: The Andamanese]
 
[[Categoría:Arquipélagos|Andamán]]