Linguas tocarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética
Liña 26:
A lingua '''tocaria''' ou o conxunto de linguas coñecidos como '''tocario''', é a rama máis descoñecida dos idiomas do grupo [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]]. Formado por dous idiomas, '''[[Lingua tocaria A|tocario A]]''' (''turfanio'', ''arsi'' ou tocario oriental) e '''[[Lingua tocaria B|tocario B]]''' (''cucheano'' ou tocario occidental). Estas linguas faláronse aproximadamente entre os séculos [[século VI|VI]] e [[século IX]], antes de que se extinguisen ao se asimilaren os seus falantes coas tribos [[uigur]]es.

Ambas linguas faláronse na [[río Tarim|Conca do Tarim]] en [[Asia Central]], no que na actualidade é a provincia [[chinesa]] de [[Xinxiang]]. O nome vén dos [[tocarios]] (en [[lingua grega|grego]]: Τόχαροι, "tokharoi") dos historiadores gregos ([[Claudio PtolomeoTolomeo|PtolomeoTolomeo]] VI, 11, 6). Estes identifícanse en ocasións cos [[yuezhi]] e os [[Imperio Cuxano|cuxanos]], e a estremeira ''Tocaristán'' normalmente fai referencia á [[Bactria]] do primeiro milenio. Un texto túrquico refírese á lingua turfania (tocario A) como ''twqry''. A súa interpretación é difícil, pero [[F. W. K. Müller]] asociouna co nome dos ''tokharoi'' de Bactria.
{{Linguas Indoeuropeas}}
== Fonética ==

Foneticamente, o tocario é unha lingua ''[[linguas centum|centum]]'' (pronunciado /'kentum/) da familia indoeuropea, caracterizada pola fusión das consoantes palato-velares coas velares (*k, *g, *gh), o que se adoita asociar cos idiomas indoeuropeos falados na zona europea ([[linguas itálicas]], [[linguas celtas]], [[linguas xermánicas]], [[lingua grega|grego]]...). Neste sentido parece que o Tocario está illado dentro da zona das linguas do grupo "[[linguas satem|satem]]".

=== Vogais ===
* /i/, /e/, /a/ (transcrita <ā>) /u/, /o/, /ɨ/ (transcrita <ä>), /ə/ (transcrita ).
* Ditongos (só en tocario B): /əi/ (transcrita <ai>), /oi/ (transcrita <oy>), /əu/ (transcrita <au>), /au/ (transcrita <āu>).

=== Consoantes ===
* Oclusivas: /p/, /t/, /c/, /k/, /kʷ/ (transcrita <ku>).
* Africadas: /ts/
Liña 47:
Nótese que os valores consonánticos anteditos están baseados normalmente na escrita dos préstamos do [[sánscrito]] e do [[lingua prácrita|prácrito]]. Sospéitase por exemplo do valor retroflexo para /ʂ/ nos derivados do /s/ palatalizado. Probablemente é a pouco frecuente sibilante /ʃ/ (como a do galego <x>), oposta á frecuente sibilante /ɕ/ (como o grafema Pinyin do [[lingua chinesa|mandarín]] <x>).

== Morfoloxía ==

O tocario reelaborou completamente o sistema flexivo nominal do protoindoeuropeo. Os únicos [[caso gramatical|casos]] herdados da lingua común son [[nominativo]], [[xenitivo]], e [[acusativo]]; en tocario o antigo acusativo é coñecido como o caso ''oblicuo''. Ademais destes tres casos, porén, cada lingua tocaria ten seis casos formados pola adición dun sufixo invariábel ao caso oblicuo. Por exemplo, a palabra do tocario A ''käṣṣi'' "mestre" declínase do seguinte xeito:
Liña 101:

== [[Sistema de escrita|Sistema de escritura]] ==

Existen documentos en tocario na forma de fragmentos de manuscritos, a maioría do [[século VII]] e do [[século VIII]] (con algunhas excepcións anteriores), escritos sobre follas de palmeira, táboas de madeira e papel chinés, preservados grazas ao clima extremadamente seco da Cunca do Tarim. Atopáronse mostras da lingua en [[Cucha]] (''Kucha'') e [[Caraxahar]] (''Carashahr''), incluíndo moitas inscricións murais.
Liña 110:
O alfabeto que usaron os tocarios deriva do alfabeto silábico [[alfabeto brahmi|brahmi]] do norte da India, denominado ''Brahmi inclinado''. Pronto descubriuse que unha gran proporción dos manuscritos eran traducións de coñecidas obras [[Budismo|budistas]] en [[sánscrito]], mesmo algunhas delas están en textos bilingües, o que facilitou o descifrado do idioma. Ademais de textos relixiosos budistas e [[Maniqueísmo|maniqueos]], tamén apareceu correspondencia entre mosteiros así como textos sobre a súa contabilidade, documentos comerciais, permisos de caravanas, textos máxicos e medicinais e mesmo un poema de amor. Moitos tocarios abrazaron a dualidade maniquea ou o budismo.

== Importancia cultural ==

A existencia dos idiomas tocarios e o seu alfabeto descoñecíase completamente ata que uns descubrimentos casuais a principios do [[século XX]] deron algo de luz aos fragmentos de manuscritos nun, entón, alfabeto descoñecido que resultou que pertencían a unha rama descoñecida da familia indoeuropea.
Liña 138:
eka
dvi
tri
catur
pañca
ṣaṣ
sapta
aṣṭa
nava
daśa
śata
pitṛ
mātṛ
bhrātṛ
svasṛ
aśva
go
vāc

* oinos or *sems
*duwo
*treyes
*qwetwor
*penkwe
*sweks
*septm
*oktou
*newn
*dekm
*kmtom
*p@2ter
*mater
*bhrater
*swesor
*ekwo
*gwou
*wekw

Liña 144:
² = Palabra en galego con significado aproximado

== Véxase tamén ==

* [[Lingua protoindoeuropea]].
Liña 151:
* [[Lingua tocaria A|Lingua turfania]].

== Notas ==
* "The Tarim Mummies", J.P. Mallory and Victor H.Mair, Thames&Hudson, ISBN 0-500-05101-1

== Ligazóns externas ==

* [http://www.omniglot.com/writing/tocharian.htm Alfabeto tocario.]
Liña 164:

{{ORDENAR:Tocarias}}

[[Categoría:Linguas indoeuropeas]]
[[Categoría:Linguas da China]]