Hiparco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Liña 10:
Construíu a [[dioptra]] ou [[bastón de Tiago]], unha regra graduada, con guía e un cursor, usada para medir [[ángulo]]s.
 
Estableceu unha táboa de cordas para facilitar os cálculos astronómicos e desenvolveu un método para a solución dos [[triángulo]]s esféricos. Na [[xeometria plana]], elaborou un [[teorema]] coñecido como o teorema de [[PtolomeoTolomeo]]. Atribúese tamén a invención da [[esfera armilar]] ou [[astrolabio esférico]].
 
Hiparco tamén elaborou unha táboa de ascensión dos [[signo]]s, estudou a determinación da hora nocturna, mediu as dimensións de distancias do [[Sol]] e da [[Lúa]].
Liña 24:
Por ter idealizado a comparación de posicións estelares en diferentes épocas Hiparco é o iniciador de métodos que foron usados nos 2000 anos seguintes.
 
Perdéronse case todas as súas obras. O que hoxe se sabe sobre Hiparco advén de historiadores ou outros [[astrónomo]]s. O seu único traballo que sobreviviu ao tempo é un comentario sobre "Fenómenos", un tratado de [[astronomía]] escrito por [[Eudoxio de Cnido]], contemporáneo de [[Platón]]. O comentario a un poema astronómico de [[Arato de Solos]], unha descrición de constelacións. Fora dese traballo menor, o único coñecemento que se ten da obra de Hiparco está en escritos posteriores, especialmente nos de [[Estrabón]] e de PtolomeoTolomeo, en concreto no ''[[Almaxesto]]''.
 
Tampouco se encontrou o lugar en que fundou un observatorio, en [[Rodas]]; mais sábese con certeza que desenvolveu alí importantes actividades de 128 a 127 a.C.