Diferenzas entre revisións de «Everest»

== Rutas de ascenso ==
[[Ficheiro:STS058-101-12 2.JPG|miniatura|dereita|300px|As dúas principais rutas de ascenso, a suroeste (laranxa) e a nordés (amarelo).]]
O monte Everest ten dúas rutas principais para acceder ao cumio: a ruta pola cara [[suroeste]], dende o [[Nepal]], e a ruta [[nordés]], dende o [[Tibet]], porén existen outras trece rutas menos frecuentadas. Das dúas rutas principais a máis facilfácil tecnicamente e a máis utilizada é a suroeste, foi a seguida por Hillary e Tenzing en [[1953]] e a primeira das quince rutas descritas en [[1996]], porén esta foi máis unha decisión política que técnica, xa que [[China]] pechou a súa fronteira aos estranxeiros en [[1949]]
 
A maior parte dos intentos de ascensión realízanse entre abril e maio, antes de que comece o verán, a estación dos [[monzón]]s. Esto débese a que un cambio nas corrente en chorro nesa época do ano reduce a velocidade media do vento en altas cotas da montaña. A pesar de que tamén se realizan intentos despois dos monzóns (en setembro ou outubro) a neve depositada polo monzón e o clima menos estabel fan a escalada máis complexa.
188.853

edicións