Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 81:
Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade. Primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente peninsular a [[Peregrino a Santiago de Compostela|peregrinación a Compostela]], reforzada polo privilexio concedido por [[Ordoño II]] no ano [[915]] polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela.
 
Lugar de coroación de [[monarcas]] do [[Reino de Galicia]] e do [[Reino de León]], a cidade foi destruída por [[Almanzor]] o [[10 de agosto]] do ano [[997]] quen, segundo a lenda popular<ref>CHAMOSO LAMAS, Manuel: ''La Catedral de Santiago de Compostela''. [[Editorial Everest]], [[León]], 1976.</ref>, tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución. A mediados do [[século XI]] o bispo [[Cresconio]] dotou á cidade dun cinto de foxos e dunha [[Muralla de Santiago de Compostela|muralla]] como medida defensiva. No ano [[1075]] o bispo [[Diego Páez]] deu comezo á construción da catedral [[románica]].
 
O incremento da peregrinación fai de Compostela un importante lugar de referencia relixiosa en [[Europa]], aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do Arcebispo [[Diego Xelmírez]], en [[1120]], a igrexa compostelá viuse recompensada coa concesión da categoría de ''metropolitana''. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en [[1116]] e [[1136]]. Entre os séculos [[século XII|XII]] e [[Século XIII|XIII]] foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.