Gastroenterite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Sintomas e sinais: arranxiño corrector
Isili0n (conversa | contribucións)
*Electrolito > electrólito.
Liña 71:
A [[artrite reactiva]] ocorre nun 1 % das persoas logo de sufrir infeccións pola especie ''Campylobacter'' e a [[síndrome de Guillain-Barré]] ocorre no 0,1%.<ref name=Bact2007/> A [[síndrome urémico hemolítico]] (SUH) pode presentarse como resultado da infección con [[Toxina Shiga|toxinas Shiga]] que producen as especies ''Escherichia coli'' ou ''Shigella'' e provocan [[trombocitopenia|conteo baixo de plaquetas]], [[insuficiencia renal|funcionamento deficiente dos riñóns]] e [[anemia hemolítica|conteo baixo de glóbulos vermellos]] (debido a súa descomposición).<ref name=BMJ2007/> Os nenos teñen maior predisposición a contraer SUH que os adultos.<ref name=M93/> Algunhas infeccións virais poden producir [[epilepsia|ataques infantís benignos]].<ref name=EBMED2010/>
== Diagnóstico ==
Polo xeral, a gastroenterite diagnosticase clínicamente en base aos sinais e síntomas da persoa. Non sempre é necesario determinar a causa exacta xa que iso non cambia o manexo da enfermidade.<ref name=Web09/> Con todo, deberíase realizar un [[Coprocultivo|cultivo de materia fecal]] naqueles que presentan sangue nas feces, aqueles que estiveron expostos a unha [[intoxicación alimentaria]] e aqueles que viaxaron recentemente a un país en vías de desenvolvemento.<ref name=Eck2011/> Tamén se poden realizar exames de diagnóstico por control. Xa que o 10 % dos bebés alimentados con leite materna e cativos pequenos desenvolven [[hipoglicemia]], recoméndase medir a [[glucosa]] sérica nesta poboación. Ademais deberíase comprobar o nivel de [[electrolitoElectrólito|electrólitos]]s e a [[creatinina|función renal]]<ref name=Tint10/> cando existe a preocupación dunha deshidratación aguda.<ref name=Webb2005/>
=== Deshidratación ===
Unha parte importante da avaliación é determinar se a persoa sofre ou non de [[deshidratación]]. Polo xeral, a deshidratación divídese en leve (3-5 %), moderada (6-9 %), e aguda (>10 %).<ref name=EBMED2010/> Nos nenos, os sinais máis precisos de deshidratación moderada ou aguda son un [[enchido capilar]] prolongado, unha [[turxencia cutánea]] deficiente e unha respiración anormal.<ref name=Tint10/><ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Steiner|nome=MJ|autor2=DeWalt, DA, Byerley, JS|título=Is this child dehydrated?|revista=JAMA : the Journal of the American Medical Association|data=2004 xuño 9|volume=291|número=22|páxinas=2746–54|pmid=15187057|doi=10.1001/jama.291.22.2746}}</ref> Outros achados útiles (cando se utilizan en combinación) inclúen: [[Enoftalmia|ollos afundidos]], diminución da actividade, falta de bágoas e boca seca.<ref name=EBMED2010/> A produción normal de ouriña e a inxestión oral de líquidos sen os vomitar de inmediato son síntomas tranquilizadores.<ref name=Tint10/> Os exames de laboratorio teñen pouco beneficio clínico á hora de determinar o grado de deshidratación.<ref name=EBMED2010/>