Hermandad Gallega de Venezuela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de BanjoBot 2.0 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
== Historia ==
 
Nun primeiro momento, o centro a pesarespesar de ser consecuencia dunha fusión, tiña como característica a conservación das propiedades individuais que tivera cada unha das tres asociacións e contaba con 800 socios. Estes eran emigrantes e, en menor medida, exiliados do após-[[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], varios dos cales volveron a Galiza do exilio americano entre os principios dos 60 finais dos 70 para desenvolveren ou apoiaren proxectos culturais ou empresariais na metrópole, como aconteceu cos fundadores do grupo cerámico, artístico e editorial de [[Sargadelos]].
 
A Hermandad Gallega en Caracas presentou unha rede institucional na que actuaron axentes da esquerda e do nacionalismo, entre os cales destacaron polas súas actividades literarias, [[Farruco Sesto Novás]] e Xosé Sesto López, da [[Unión do Povo Galego|UPG]].
Liña 39:
Dende a súa fundación levan impartido, de maneira intermitente, un bo número de cursos do idioma galego.
 
No ano 1960, creouse un programa de radio chamado “Sempre en Galiza” que se emitiu, e se siguesegue emitindo, todos os domingos ás 11 da mañá. A súa emisora cambiou de Radio Suave a, a actual, Radio Continente. O seu obxectivo é difundir a cultura galega, a venezolana e a española ademais de informar sobre as actividades levadas a cabo pola Hermandad ou sobre acontecementos de Galiza ou España.
 
Contan con varios grupos folclóricos centrados na danza, no canto e no aprendizaxe instrumental da gaita. Por exemplo, unha agrupación de danza é “Lonxe da terriña”, fundada no ano 1975 cun número aproximado de 40 compoñentes divididos en gaiteiros e bailaríns.
Liña 47:
Contan cunha ampla biblioteca con máis de 50 000 volumes.
 
Ademais, actualmente seguen activas instalacións como o colexio Castelao e o teatro Rosalía de Castro. O primeiro fundouse no ano 62 e a día de hoxe imparten a educación primaria, secundaria e o bacharelato ademais de dar clases de literatura e lingua galega e charlas e conferencias referentes á cultura galega. Conta con máis de 600 alumnos. O teatro (situado na sede central de Maripérez), creado 30 anos máis tarde, foi un dos teatros máis modernos e funcionais do país cuncunha aforocapacidade de 700 butacas.
 
Alén disto a Hermandad realiza outras actividades como cursos de pintura ou fotografía, exposicións, conferencias, concertos, cursos de baile e gaita, cursos de lingua galega etc.