Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
En [[1856]] asinouse a paz no Congreso de [[París]], coa presenza do representante de [[Austria]]. Cavour non obtivo compensación algunha pola súa participación na guerra, pero conseguiu que unha das sesións fose adicada expresamente a discutir o problema italiano: puido así defender publicamente a idea de que a represión dos gobernos reaccionarios e a política do [[Imperio Austrohúngaro]] eran os auténticos responsables das inquietudes revolucionarias que se estaban formando en toda a península e que estas revoltas poderían constituír unha ameaza para todos os gobernos de [[Europa]].
 
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesarespesar de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de [[Vítor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[Actualmente ten 20.000 habitantes.Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese perigoso revolucionario obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
7.964

edicións