Álvaro Cunhal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Era fillo do avogado Avelino Henriques da Costa Cunhal. No [[1931]], con tan só 17 anos, afiliouse ó [[Partido Comunista Portugués]], que integra entón á [[Liga dos Amigos da URSS]] e ó [[Socorro Vermelho Internacional]], ó mesmo tempo que ingresa na Facultade de Dereito de [[Lisboa]], onde inicia a súa actividade política. No ano [[1934]], é elixido representante dos estudantes no [[Senado Universitario]]. Gradúase en dereito no [[1935]] e no mesmo ano é elixido secretario-xeral da [[Federação das Juventudes Comunistas]]. No ano [[1936]], após dunha visita á [[URSS]] como integrante da delegación portuguesa ó VII Congreso da [[Comintern]], é cooptado para o comité central do Partido Comunista.
 
Xa no ano [[1940]], Cunhal é escoltado pola policía á Facultade de Dereito, onde presenta a súa tese de doutoramento, sobre a temática do [[aborto]] e a súa despenalización. A pesarespesar do ambiente pouco propicio, a súa tese foi clasificada con 19 valores.
 
Debido ás súas ideas, foi preso e torturado no [[1937]], [[1940]] e [[1949]]. Dos trece anos que estivo encarcerado, foi mantido incomunicado durante catorce meses e pasou oito nun total illamento. O [[3 de xaneiro]] de [[1960]], Cunhal, xuntamente con outros camaradas, todos membros destacados do partido, protagonizaron a famosa fuga do [[Cárcere de Peniche]].