Philadelphia 76ers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
=== Dr. J e os 76ers ===
 
A [[tempada 1976-77 da NBA|tempada 1976-77]] será recordada por ser o ano en que [[Julius Erving]] proveniente de [[New York Nets]] uniuse ao equipo, mentres o equipo era adquirido polo filántropo local F. Eugene "Fitz" Dixon, neto de George Dunton Widener e herdeiro da súa fortuna. Chegaron ás Finais de Conferencia tras derrotar ao seu rival histórico, os Celtics, en sete partidos. Nesa instancia, venceron a Houston Rockets, liderado polo futuro sixer Moses Malone, en seis partidos para avanzar ás Finais da NBA. Alí perderían fronte ao equipo dirixido polo seu antigo adestrador Jack Ramsay e liderados dende a cancha por Bill Walton, Portland Trail Blazers, a pesarespesar de comezar gañando a serie 2-0.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/finals/19761977.html 1977 NBA Finals]</ref>
 
Nos playoffs da tempada [[tempada 1977-78 da NBA|1977-78]] caeron fronte ao que sería o campión, [[Washington Bullets]].<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19771978.html 1978 Playoff Results]</ref> As seguintes catro tempadas, os Sixers estiveron moi preto de obter un novo campionato, incluso logo de contratar coma adestrador ao ex-xogador [[Billy Cunningham]]. Nas Finais de [[1980]] fronte a [[Los Angeles Lakers]], perderon por 4-2.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19791980.html 1980 Playoff Results]</ref> No sexto partido, o ''rookie'' [[Magic Johnson]] xogou coma pivote para os Lakers no lugar de [[Kareem Abdul-Jabbar]] (quen non participou ao sufrir unha escordadura de nocello no partido anterior) anotando 42 puntos. Nas Finais de Conferencia de [[1981]], comezaron gañando 3-1 a serie para logo perder no sétimo encontro.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19801981.html 1981 Playoff Results]</ref> Na seguinte tempada, os 76ers enfrontáronse novamente cos Celtics nas Finais da [[Conferencia Leste]], comezando a serie da mesma maneira cá anterior só para ver coma os Celtics lograban empatarlle a serie 3-3. As opcións de gañar víanse diminuidas por xogarse o partido no [[Boston Garden]]. Desta vez, xogarían dunha maneira agresiva e intelixente, conseguindo a vitoria por 120-106.