Soundgarden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
En [[1993]], a banda volveu ao estudio para gravar un novo disco. En [[1994]] foi lanzado ''[[Superunknown]]''. O disco ten varios ''hits'', entre eles, a canción "[[Black Hole Sun]]", que converteuse no tema–símbolo da banda e nun dos himnos do [[grunge]]. Ese disco deulle varios premios ao grupo, que agora, definitivamente, era coñecido en todo o mundo. O conxunto participou en varias xiras, tocando ao lado de nomes como [[Screaming Trees]], Reverend Horton Head e You Am I. Algunhas xiras por [[Europa]] foron canceladas debido a un problema nas cordas vocais de [[Chris Cornell]].
 
En [[1996]], a banda lanzou o disco ''[[Down on the Upside]]'', máis longo e denso que os anteriores, e talvez por iso non tivo tanto éxito coma os outros. Un dos feitos que tamén influíu foi o feito de ser lanzado cando o [[grunge]] estaba comezando a perder folgos. Pero, entre os fans máis ardentes do grupo, é considerado o mellor de todos ata o momento. A pesarespesar de non ser tan accesible posúe algúns ''hits'', entre eles, "Blow Up the Outside World", "Burden in My Hand" e "Pretty Noose". Iniciaron outra longa xira, novamente tendo algunhas paradas por causa dos problemas de voz de Chris. Participaron tamén nunha nova edición do ''[[Lollapalooza]]''.
 
Este último álbum (talvez unha despedida involuntaria), retrata como a banda se sentía na época. A pesar de estar na cima da fama e o recoñecemento, no lado da cima (up side), eles continuaban "down". A escada de discográficas subida pola banda (dende a [[Sub Pop]], selo alternativo de Seattle, ata a A&M Records) comproba iso. Neste disco eles mesmos fixeron o labor de produción. Tal vez por iso ese sexa considerado polos fans de Soundgarden o seu mellor disco.