Monte Neme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia e lendas ==
O monte xa estaba habitado no [[neolítico]], moi posibelmente con asentamentos nas súas abas na Idade dos Metais. Crese tamén que existiu un castro, que puido persersa coas obras de minaría, xa que é deste lugar de onde procede a famosa "Arracada de Cances" (peza de [[ourivaría]] castrexa) atopada en 1950 no Rego de Bandeira durante os traballos na mina, e que hoxe se atopa no [[Museo de Pontevedra]]. O crómlech demostra o uso sagrado do monte. Na zona existiu unha forte presenza de cultos paganospagáns, como demostra a tradición oral que chega aos nosos días coa crenza de fontes purificadoras. Crese que no lugar se adoraba a divindade precristián de nome [[Nemet]], moi común en toda a Gallaecia. Coa chegada do critianismo á [[Gallaecia]], estes lugares foron cristianizados, e ergueuse unha ermida baixo a advocación de [[Cristina de Bolsena|Santa Cristina]]. Existen ademais outras capelas no monte.
 
No lugar mestúranse lendas, que lle dan ao monte un carácter sagrado ou telúrico, de feito a tradición oral asignoulle ao propio monte significados especialmente vencellados a un carácter pagán e demoníaco, cando menos no tocante as tradicións ligadas á mística do círculo de pedra. O nome de Eira das Meigas ou Circo dos Xogos, fai referencia á asociación do lugar con [[aquelarre]]s e celebracións escuras, asociadas á [[noite de San Xoán]] ou aos solsticios. A construción de varias igrexas, como as de Santa María de Ardaña ou Santa Cristina, protexerían aos veciños dos meigallos<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.