Monte Neme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|43|16|14.09|N|8|44|23.50|W|display=title}}
'''Monte Neme''' é un lugar situado como límite entre os concellos de [[Carballo]] e [[Malpica de Bergantiños]]. O monte ten 387 metros de altura. Preto do cumio había un [[crómlech]], o círculo líticoque foi destruído nos anos 1960 na construción da estrada de acceso. Foi reconstruído preto de onde estaba<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html Malpica. o noso patrimonio]</ref>.
 
== Historia e lendas ==
Nos anos da primeira Guerra Mundial iniciouse a extracción de [[volframio]]<ref>[http://www.finisterrae.org/info.php?informacion=84&idioma=es&sec=20 EL MONTE NEME Y LA MINERIA DE WOLFRAMIO]</ref>. Dende entón gran parte do monte foi empregado como canteira e no seu cumio hai antenas de telefonía móbil, radio e televisión.
O monte xa estaba habitado no [[neolítico]], moi posibelmente con asentamentos nas súas abas na Idade dos Metais. Crese tamén que existiu un castro, que puido persersa coas obras de minaría, xa que é deste lugar de onde procede a famosa "Arracada de Cances" (peza de [[ourivaría]] castrexa) atopada en 1950 no Rego de Bandeira durante os traballos na mina, e que hoxe se atopa no [[Museo de Pontevedra]]. O crómlech demostra o uso sagrado do monte. Na zona existiu unha forte presenza de cultos paganos, como demostra a tradición oral que chega aos nosos días coa crenza de fontes purificadoras. Crese que no lugar se adoraba a divindade precristián de nome [[Nemet]], moi común en toda a Gallaecia. Coa chegada do critianismo á [[Gallaecia]], estes lugares foron cristianizados, e ergueuse unha ermida baixo a advocación de [[Santa Cristina]]. Existen ademais outras capelas no monte.
 
No lugar mestúranse lendas, que lle dan ao monte un carácter sagrado ou telúrico, de feito a tradición oral asignoulle ao propio monte significados especialmente vencellados a un carácter pagán e demoníaco, cando menos no tocante as tradicións ligadas á mística do círculo de pedra. O nome de Eira das Meigas ou Circo dos Xogos, fai referencia á asociación do lugar con [[aquelarre]]s e celebracións escuras, asociadas á [[noite de San Xoán]] ou aos solsticios. A construción de varias igrexas, como as de Santa María de Ardaña ou Santa Cristina, protexerían aos veciños dos meigallos<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
 
== Crómelech ==
Preto do cumio, na aba sueste, orientado ao nacente do monte, atópase un crómlech de pequeno tamaño, a "Eira das Meigas" ou "Circo dos Xogos", un conxunto lítico formado por laxes en círculo, un dos poucos exemplos destas estruturas que chegaron aos nosos días na actual Galicia. O chómlech xa fora descrito por autores como [[Manuel Murguía]] ou [[Luís Monteagudo]].
 
A lenda popular di que na [[noite de San Xoán]] as meigas subían ao monte, lavaban a cara na Fonte das Meigas, no lugar de [[Tordoia]], ou noutras como a de San Paio da Devesa ou na fervenza de entrecruces; para despois reunírense no crómlech, sentando nas grandes cadeiras de pedra para discutiren que facer cos vivos.
 
Hoxe en día a Eira das Meigas atópase practicamente destruída por mor da apertura de pistas para a actividade mineira na década de 1960. Era un dos escasos exemplos de círculo lítico situado no alto dun monte illado á beira do mar, un dos curiosos exemplos que lle confiren a un monte un carácter sagrado e que ata vai pouco tempo conservaba o Neme e con el as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
 
== Minaría ==
O monte salienta ademais por riqueza mineral, xa que, a diferenza de todo o occidente galego, predomina o [[gneis]] mais ca o [[granito]]. É moi posíbel que xa na [[Imperio Romano|época romana]], grega ou fenicia, foran explotados os xacementos de [[estaño]] do monte, elemento moi apreciado daquela.
 
Nos anos da [[primeira Guerra Mundial]] iniciouse a extracción de [[volframio]]<ref>[http://www.finisterrae.org/info.php?informacion=84&idioma=es&sec=20 EL MONTE NEME Y LA MINERIA DE WOLFRAMIO]</ref> (material de especial importancia a comezos do [[século XX]] polo seu uso como condutor da electricidade, e especialmente polo seu uso na industria militar para o endurecemento do [[aceiro]]). Segundo apuntan os documentos, a primeira concesión da mina para tirar volframio e [[caolín]] dataría de 1923, aínda que segundo semella, a orixe sería polo menos anterior á primeira gran guerra, prorrogándose en sucesivas ocasións ata o ano 2012, ano no que a mina se abandona.
 
Dende entón gran parte do monte foi empregado como canteira e no seu cumio hai antenas de telefonía móbil, radio e televisión. A zona outrora explotada ocupa unha superficie de 70.000 metros cadrados. Ademais dos danos ecolóxicos e da perda de patrimonio histórico, a explotación ten un forte impacto visual<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
 
=== Recuperación ===
En setembro de 2016, a Xunta de Galicia anunciou a súa intención de recuperar o monte. Tentaranse borrar as pegadas da actividade mineira, derrubando as construción que ficaron abandonadas, limpando o monte e consolidando os pozos da canteira<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
 
==Notas==