Piratería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{fusión desde|Historia da pirataría}}{{Outroshomónimos|pirataría (homónimos)}}
[[Ficheiro:Pirate Flag of Rack Rackham.svg|dereita|miniatura|250px|[[Jolly Roger]] de [[Calico Jack|Calico Jack Rackham]], tida como representación clásica e simbólica da piratería.]]
A '''piratería''' ou '''pirataría''' é unha práctica que consiste en que unha [[barco|embarcación]] ataca a outra co propósito de roubarlle a carga, esixir rescate polos pasaxeiros, convertelos en [[escravo]]s e moitas veces apoderarse da nave. A súa definición segundo o [[dereito internacional]] pode atoparse no artigo 101 da [[Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar]]. A pirataría refírese tamén, desde mediados do [[século XX]] a un tipo de accións realizadas en [[avión]]s que buscan reter pola forza tripulacións e pasaxeiros, así como as propias aeronaves. Outros autores, como Wolfram zu Mondfeld, consideran tamén pirataría os ataques privados realizados desde o mar contra buques e posicións en terra para roubar ou conquistar.