Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m termo é a forma máis recomendable segundo o DRAG
corrixo lingua
Liña 131:
Con todo, entre febreiro e xullo, o cansazo e a impopularidade cara á guerra foron gañando terreo, así como a propaganda pacifista. A continuación da guerra creaba unha situación moi criticada, xa que era imposible instaurar a xornada laboral de oito horas sen prexudicar á produción bélica, ou tratar de convocar eleccións para formar a Asemblea Constituínte tendo millóns de soldados na fronte.
 
[[Ficheiro:19170704 Riot on Nevsky prosp Petrograd 3.jpg|miniatura|Dispersión dunha muchedumbremultitude reunida na ''[[Nevsky Prospekt]]'' de [[Petrogrado]]. Xullo de 1917.]]
 
O fracaso militar da [[Ofensiva Kerenskii]], posta en marcha a principios de xullo, provocou unha decepción xeral. Tras algúns éxitos iniciais debidos ao xeneral [[Alekséi Brusílov]], o mellor comandante en xefe ruso da [[Primeira Guerra Mundial|Gran Guerra]], o fracaso fíxose patente e os soldados negáronse a situarse en primeira liña de combate. O Exército entrou en descomposición, as [[deserción]]s multiplicáronse, as protestas na retagarda acrecentáronse e a popularidade de Kerenskii comezou a degradarse.<ref>[[John Keegan]], ''La Grande Guerre'', Perrin, 1989.</ref>