Lingua rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
 
=== Dialectos ===
A pesarespesar da estandarización do ruso a partir de [[1900]], especialmente no referente ao vocabulario, existe un gran número de [[dialecto]]s en Rusia. Algúns lingüistas dividen os dialectos do ruso en dous grupos rexionais principais, o "setentrional" e o "meridional", coa [[Moscova]] como zona de transición entre os dous. Outros o dividen en tres grupos: "setentrional", "central" e "meridional", coa [[Moscova]] no grupo central. Os dialectólogos recoñecen dentro da Rusia ducias de variedades menores.
 
Os dialectos do norte teñen como característica máis notoria a pronunciación clara do fonema /o/ en posicións átonas -fenómeno denominado okan'e (оканье)- (mentres que nos acentos do sur -incluíndo Moscova- pasa a pronunciarse /ʌ/). Así mesmo, no acento do sur palatalízase o fonema /t/ en posición final e aspíranse os fonemas /g/, que pasan a ser máis semellantes ao fonema /h/. Estas características danse tamén no [[ucraíno]] moderno, o que indica a influencia entrámbolos dous.