Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
A '''Reconquista''' é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos [[cristianismo|cristiáns]] do norte da [[Península Ibérica]] van conquistar progresivamente o [[al-Ándalus]]. Considérase que comeza no [[722]] coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa [[Batalla de Covadonga]] e vai finalizar no [[1492]] coa conquista do [[Reino de Granada]].
 
Segundo a historiografía recente o termo ''reconquista'' é historicamente inexacto e inapropiado,{{Cómpre referencia}} dado que os reinos cristiáns que van conquistar o territorio andalusí constituíronse como sociedades despois da ocupación islámica da península, a pesarespesar dos esforzos dalgúns monarcas peninsulares para presentarse como herdeiros directos do antigo [[Reino de Toledo|reino visigodo de Toledo]]. Ademais, segundo esta interpretación actual, ''reconquista'' é un concepto parcial, xa que só presenta a visión cristiá deste complexo proceso histórico, obviando o punto de vista dos andalusís. Por tanto tense suxerido como denominacións alternativas '''Conquista cristiá''', '''Conquista [[feudalismo|feudal]] de al-Ándalus''', ou directamente '''Colonización feudal da Península Ibérica''', entre outros nomes.
 
Fai falla ter presente tamén que a colonización de al-Ándalus non é un feito exclusivo hispánico, xa que se explica nun contexto europeo caracterizado pola expansión da sociedade feudal dende o núcleo orixinal do Feudalismo, ó centre de [[Europa occidental]], cara a periferia, sendo así un proceso histórico que responde ós mesmos parámetros que outros procesos contemporáneos como a conquista e colonización inglesa de [[Irlanda]], a expansión alemá ó leste do [[río Elba]] (proceso coñecido co termo ideolóxico de ''[[Drang nach Osten]]'' ou “Marcha ó leste”), e a expansión franca a [[Terra Santa]] mediante as [[Cruzadas]] e a creación do [[Reino de Xerusalén]], entre outros.
Liña 17:
[[Ficheiro:Reconquista4.jpg|miniatura|Guerreiros cristiáns e musulmáns]]
 
Ó pasamento do rei visigodo [[Witiza]], no [[710]], vaise producir un conflito entre os partidarios da monarquía hereditaria cos fillos do rei morto á fronte, e os partidarios da monarquía electiva a favor do novo rei [[Don Rodrigo]], un conflito que tiña, así mesmo, un trasfondofondo relixioso entre [[catolicismo|católicos]] e [[arianismo|arianos]].
 
No [[711]] o conde de [[Ceuta]], Xulián, que estaba refuxiando á familia e partidarios de Witiza e que mantiña relacións co gobernador de [[Tánxer]], [[Táriq ibn Ziyad]], e o seu [[emir]] [[Mussa ibn Nussayr]], vai demandar axuda ás poboacións árabes e [[bérber]]es do norte de [[África]] para intervir no conflito e doarlle axuda na súa loita contra Rodrigo. Os historiadores difiren na intención de Mussa neste momento da historia; sexa que planeaba unha conquista completa, unha invasión limitada para confirmar unha alianza, ou só un ataque para debilitar as forzas visigodas.
Liña 136:
O [[24 de xuño]] de [[1129]] produciuse a Batalla de San Mamede na que [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]] venceu á súa nai, [[Tareixa de León e Núñez]], adquirindo e controlando o condado portugués, declarándoo principado independente. En [[1139]], baixo o título de conde de Portugal, despois da vitoria na [[Batalla de Ourique]] contra un continxente musulmán, Afonso autoproclamouse Rei de Portugal, co apoio das súas tropas.
 
Segundo a tradición, a independencia de Portugal vai ser confirmada máis adiante nas míticas cortes de Lamego, cando recibiu do arcebispo de [[Braga]] a coroa de Portugal, aínda que estudos recentes cuestionan a reunión destas cortes. O recoñecemento de Castela chegou o [[5 de outubro]] de [[1143]] e debeuse ó desexo de [[Afonso VII de Castela]] de ser emperador (e como tal, necesitaba doutros reis como vasalos). [[Afonso Henriques]] tentou consolidar a súa independencia, con importantes conquistas de terra ó sur, como a conquista de [[Lisboa]] o [[24 de outubro]] de [[1142]] e [[Santarém, Portugal|Santarém]] o [[15 de marzo]], co apoio dunha poderosa escuadra de 160 barcos. Polas súas conquistas, que en máis de corenta anos duplicou o territorio que o seu pai lle legara, foi nomeado ''O Conquistador'', a pesarespesar de que tamén foi coñecido como ''O Fundador'' e ''O Grande''.
 
=== Os Reis Católicos e a conquista do Reino de Granada ===