Instituto da Lingua Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==
Lameiro (conversa | contribucións)
m segundo apelido de Constantino García González
Liña 1:
O '''Instituto da Lingua Galega''' (ILG) é un instituto universitario pertencente á [[Universidade de Santiago de Compostela]] creado en 1971 para promover o uso e normalización da [[lingua galega]] e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten xunto coa [[Real Academia Galega]], as competencias oficiais para elaborar as normas da [[lingua galega]].
 
Dirixido dende finais do [[2005]] por [[Rosario Álvarez]] (anteriormente por [[Manuel González González]] e [[Constantino García González]]) e na sección de lexicografía por [[Antón Santamarina Fernández]] o seu labor non se queda niso: o traballo coas novas tecnoloxías da información é meritorio ([[TMILG|Tesouro medieval informatizado da lingua galega]] en colaboración co [[CIRP]], e [[TILG|Tesouro informatizado da lingua galega]]). Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coa [[lingua]] e [[literatura]] galegas ([[normalización]], [[historia da lingua]], ensino, [[sociolingüística]], etc.)
 
== Véxase tamén ==